Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sánchez Iglesias, Cesáreo (2006)
"O vento é do verán"
1 minuto e 29 segundos



sanchez_2006_vento.mp3 (.mp3 2.1 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

O vento é do verán
camiña pola rúa sen destino
como un sol ferido no seu infinito
leve a súa luz un algo violeta.

O sol de lánguido ollar casi
sen memoria
na túa luz un algo violeta.
Xaces nos meus brazos temerosos
xaces temerosa de sentires
o teu nome
a palpitar na túa entraña miña
polo teu nome.

Quen son? dime, quen es deste soño?
Na branca penumbra calada
os nosos corpos adormecidos pregúntanse
nun cuarto repleto de silencio, de beixos

e non son eu e non es ti
senón sombra.
Translúcida sombra lanceada,
exausta,
vivo con quen onte fun
sobre fráxil lenzo de seda branca
ardo xa doutra luz.

Gardo na miña man unha pequena lúa.
Busco un lugar a salvo de ti.

[Evadne. A Coruña: Espiral Maior, 1998]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org