Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sánchez Iglesias, Cesáreo (2006)
"A neve cai"
42 segundos



sanchez_2006_neve.mp3 (.mp3 1.0 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

I.

A neve cai
na imensidade vacía.
Cai o rumor do branco silencio.

Muda claridade
na pel do tempo:
pequenas flores húmidas.

Escóitote
cando xa teño soñado
a túa luz vexetal

A paisaxe é un ser
a se encarnar.

Dentro do silencio
o presente non existe.
Unha ave busca o seu niño
nas árbores cargadas
de soidade.

A neve borra
as túas pegadas
sobre a neve.

[O rostro da terra. A Coruña: Baía Edicións, 1996]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org