Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Picaversos (2012)
Vídeo resumo de Picaversos da casa, con Elías Knörr, Iolanda Zúñiga e María do Cebreiro
4 minutos e 19 segundos





Subcampos: Recital
Descrición: Recital no pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela (Praza Feixoo). Data: 23 de outubro de 2012. Ciclo de Lecturas Poéticas Picaversos, organizado por Branca Novoneyra e Olalla Cociña.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: Vimeo

Metadatos: Picaversos; Novoneyra, Branca; Cociña, Olalla; María do Cebreiro; Zúñiga, Iolanda; Knörr, Elías.

Observacións:

Elías Knörr é o alter ego de Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981), tradutor e poeta en galego (“Imaxes na pel”, 2008, e “Cos peitos desenchufados”, 2010) e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da Poetry Review do Reino Unido, xunto co venerable Sjón e mais Kári Tulinius. En 2010 recibiu o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria na súa vila natal. En 2011 o 2° premio do XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores cun poemario fragmentario baseado en Lwyma, unha lingua artificial propia. “O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido” é o seu primeiro libro en islandés.

Iolanda Zúñiga (Vigo 1975). Mestra de Educación Musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo. Con anterioridade fíxoo como titiriteira, asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. Como escritora publicou o libro de relatos “Vidas pos-it” (Xerais 2007, 2010), pezas concisas e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida, recibida de forma entusiasta pola crítica, e o poemario “Amor amén” (Xerais 2008), un monólogo en verso dunha muller enganchada a unha relación destrutiva. Coa súa primeira novela, “Periferia”, obtivo o premio Xerais de Novela 2010.

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é autora dos libros de poemas “O estadio do espello” (1998); “(nós, as inadaptadas)” (2002), “Non queres que o poema te coñeza (2004)”, “O barrio das chinesas” (2005); “Os Hemisferios” (2006); “Objetos perdidos / Obxectos perdidos” (antoloxía bilingüe galego-castelá, 2007); “Cuarto de outono” (2008) e “Non son de aquí” (2009), traducido ao inglés co título de “I am not from here” (2010). En colaboración co deseñador gráfico Xosé Carlos Hidalgo Lomba deu ao prelo os libros “Poemas históricos” (2011) e “O grupo” (2012). Traduciu ao galego a novela “Tres vidas” (2005) de Gertrude Stein e pezas do cancioneiro afroamericano en “Damas Negras” (2002). O disco “Lembrarás este cuarto?” (2011), en colaboración co guitarrista e compositor David Miranda, contén versións musicais dos seus poemas.

[Do blogue Picaversos, 18/10/2012]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org