Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

(1995)
XV Festival da Poesia no Condado / Salvaterra de Minho. Setembro 1995

Salvaterra de Minho: Sociedade Cultural e Desportiva Condado.



Descrición: Antoloxía conmemorativa do décimo quinto Festival da Poesia no Condado celebrado en setembro de 1995 en Salvaterra de Miño. Conta cun limiar de María Xosé Queizán: "Algunhas reflexions sobre a lingua". Trátase nel a defensa do galego, lonxe de paternalismos, reducionismos ou discursos gastos. O que cómpre, segundo a autora, é reclamar a utilidade e necesidade da lingua, sen esquecer a aplicación das perspectivas reintegracionistas e de xénero. Colaboran neste número: Marta Dacosta, Francisco Souto, Isolda Santiago, Rafa Vilhar, María Xesús Pato, Xosé Vázquez Pintor, María Xesús Nogueira, Francisco Alonso, Carmen Lobón, Martín Veiga, Margarita Ledo, Xavier Santiago, María Xosé Queizán, Xaquín Agulla Pizcueta (Galiza); Vergílio Alberto Vieira, Amadeo Baptista, Inês Lourenço, José-Emílio Nelson (Portugal); Sebastià Alzamora (Països Catalans); Andolin Eguzkitza e Itxaro Borda (Euskadi).

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume foi imprescindíbel tamén a colaboración de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org