Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

(1993)
XIII Festival da Poesia no Condado / Poesia em Liberdade / Salvaterra de Minho. 18 Setembro 93

Salvaterra de Minho: S. C. D. Condado.



Descrición: Antoloxía conmemorativa do décimo terceiro Festival da Poesia no Condado, celebrado en setembro de 1993 en Salvaterra de Miño. Ábrese cun limiar poético de Miguel Anxo Fernán-Vello: "Poesia en liberdade, sempre!", onde se define a poesía a partir da súa forza e verdade. Valórase a celebración do Festival no Condado como un exercicio de liberdade e empeño, por riba de calquera dificultade ou constrinximento institucional. A nómina de poetas participantes é a seguinte: Mª Xosé Queizán, Rafa Vilhar, X. M. Álvarez Cáccamo, Mª Xesús Pato, Xosé Vázquez Pintor, Marta Dacosta Alonso, Mº do Carme Kruckenberg, Manuel Forcadela, Ánxeles Penas, Pilar Pallarés, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Bernardino Graña, Ana Romaní, Manuel María, X. Antón L. Dobao, Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, Cesáreo Sánchez (Galiza); Pau Joan Hernàndez (Paísos Catalans); Rikardo Arregui, Gerardo Markuleta (Euskadi); Paula Tavares (Angola); Gabriel Mariano (Cabo Verde); Nelson Saúte (Moçambique); José Vieira, Vergílio A. Vieira (Portugal). Deseño: Pepe Carreiro

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume foi imprescindíbel tamén a colaboración de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org