Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Mandeo Records (2012)
Currículum oculto, de Arturo L. Regueiro (capítulo 3 / 3)
14 minutos e 24 segundos





Descrición: Gravación, son, montaxe e edición: MANDEO RECORDS (Dani López, Zeus Díaz) Localizacións: Praia de Traba (Laxe), río Mandeo (Betanzos), café Lanzós, praza de Santa María, praza de Santiago, paseo da Ribeira(Betanzos), Estudios Duke de Lubián (Fene) BANDA GALIZA CAJUN Batería: Colás Lage Acordeón: Roberto Grandal Baixo, contrabaixo: Óscar Painceiras Clarinete, saxo tenor, soprano: Víctor Sánchez Guitarras: Cabe García Voz Luís Cuntín Arturo Regueiro

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: YouTube

Metadatos: Regueiro, Arturo L.; Galiza Cajun; Cuntín, Luís G.; Mandeo Records; Lage, Colás; Grandal, Roberto; Painceiras, Óscar; Sánchez, Víctor; García, Cabe; Font, José Ángel; Abreu, Gus; Sestelo, Emilio.

Observacións:

TEMAS

5- Déixame ser (Let it be me)
Música orixinal: Cabe García
Texto: Arturo L. Regueiro (inédito)

Deixame ser Gary Sinise, John Malkovich
besbexando os textos desolados de Sam Shepard
ao teu ouvido.
Deixame, ouh, deixame ser Richard Burton
bébedo e luxurioso
debullando as verbas de Dylan Thomas
no teu embigo.
Deixame, deixame, deixame
ser otra vez galego
afogándome nas augas dos teus olliños.



6- National pornographic
Música orixinal: Cabe García
Texto: Arturo L. Regueiro (extraído de CURRICULUM OCULTO)

Unha noite irresponsable
onde o máis que cheguei foi
tocar os teus pés
enluvados nunhas medias negras;
onde o máis dentro de ti foi
ver o remate de encaixes das túas coxas.
Podía ter sido unha noite
de desenfreo, de pracer irreverente,
de perdas de sentido e anos de cárcere.
Amarte era conducir
de noite baixo a choiva algo bébedo,
durmir sobre unha escopeta cargada.
Había tanto risco e ningunha xustiza.
Escollín ser xusto. Era idealista,
a peor caste dos románticos.
Así de ben se me dá ser covarde.



7- Coia 4
Música orixinal: Cabe García
Texto: Arturo L. Regueiro (extraído de GALIZA CAJUN, Dietario do adulterio)

En Bouzas cae da noite
o viño mouro sobre as factorías.
Estendo camisas e os farrapos.
O inverno xa é un sucio e ridículo chío de gaivota.
Unha noite quente
onde o pensamento é un castelo esmorecido.
O teu bico está húmido e pastoso coma o dun neno.
O corpo bambea bébedo,
desorientado nun ritual de escuridades;
latexa co ritmo das veas inchadas,
o devecer sen espazos para misericordias.
O corazón é un obxecto inútil,
unha porta ao deserto, un luxo.
A noite ferve,
ti non esperas tenrura,
ti medraches na rúa Marín.


VÍDEOS EXTRA

1- Ruta HoChiMinh
Realización: José Ángel Font
Texto: Arturo L. Regueiro
Extraído do libro GALIZA CAJUN, Ordenación do territorio

Imo, Muronovo, Antequeira,
Augas Santas, Vilacova, Portobravo,
Ousesende, Insua, Olveiroa,
Baíñas, Arxemil, Trasouteiro...
Velaí o val e a casa da que me deixaches dono
da infinda tenrura e a imparable destrución,
sen a bandeira do teu sorriso ondeando en Castrobuxán,
lonxe dos días de amor e preguiza na Ruta Hô Chi Minh.


2- Beirarrúas
Realización: José Ángel Font
Texto e voz: Arturo L. Regueiro
Extraído do libro GALIZA CAJUN, Ordenación do territorio

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org