Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Mandeo Records (2012)
Currículum oculto, de Arturo L. Regueiro (capítulo 2 / 3)
17 minutos e 51 segundos





Descrición: Gravación, son, montaxe e edición: MANDEO RECORDS (Dani López, Zeus Díaz) Localizacións: Praia de Traba (Laxe), río Mandeo (Betanzos), café Lanzós, praza de Santa María, praza de Santiago, paseo da Ribeira(Betanzos), Estudios Duke de Lubián (Fene) BANDA GALIZA CAJUN Batería: Colás Lage Acordeón: Roberto Grandal Baixo, contrabaixo: Óscar Painceiras Clarinete, saxo tenor, soprano: Víctor Sánchez Guitarras: Cabe García Voz Luís Cuntín Arturo Regueiro

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: YouTube

Metadatos: Regueiro, Arturo L.; Galiza Cajun; Cuntín, Luís G.; Mandeo Records; Lage, Colás; Grandal, Roberto; Painceiras, Óscar; Sánchez, Víctor; García, Cabe; Font, José Ángel; Abreu, Gus; Sestelo, Emilio.

Observacións:

TEMAS

2- Mar do Norte
Música orixinal: Cabe García
Texto: Arturo L. Regueiro (extraído de CURRICULUM OCULTO)

Lonxe, ao pé
do Mar do Norte
gris e inalcanzable,
eu esquelético e incendiado
coma as plataformas de petróleo,
sentín os teus bicos de quenlla,
descubrín que Deus non fai tratos.
Eu son a túa batalla.
Loita.

[Inédito]

 

3- Nola
Música (Sweet Georgia Brown -Ben Bernie and Maceo Pinkard )
Texto: Arturo L. Regueiro (extraído de GALIZA CAJUN, Jambalaya)

A lúa é unha moeda de prata vella
a rolar polas rúas, candil escintilante;
nos portais mércanse bicos plenos de licor,
corpos escuros, pulidos,
negras sombras a transitar pola noite longa,
sepulturas para soterrar o amor.
Aniñado nas alcobas,
transpirado ascende entre os tellados
o fume ulinte das respiracións aceleradas,
a calor.
Renxen as madeiras cos ritmos desta música
que conxura os lumes, desafía maldicións.
Trae o vento unha mañá nova
espléndida de xudre frío e de café;
luminosa e nívea desesperanza do alcol ilegal.
Mais pode ocorrer un milagre:
sobrevivir ao teu sorriso e á lúa sobre Nova Orleáns.

 

4- Estirpe
Música orixinal: Cabe García
Texto: Arturo L. Regueiro (extraído de CURRICULUM OCULTO)

Baixa de vagar a man da noite,
prémenos entre os seus dedos de cobre,
lisa coma o corpo que hai un intre abaneei,
que bateu en min con forza e pracer.
Desde este leito prégolle aos deuses
que a maldición aniñe en min
e non na miña estirpe.
Un cancro que segue
o meu corpo, unha morte
indigna, fútil coma todas,
doenzas que fagan de min
un vello cheo de moscas e ruín.
Mais a miña estirpe
que permaneza lonxe da indiferenza
que enche foxos con nenos.
Deuses,
que a baleira curiosidade
dos vosos lóstregos só fenda
a miña alma, os meus pecados,
a miña estirpe non,
a miña estirpe non.

 

VÍDEO EXTRA

Havana

Voz: Luís Cuntín
Son: Emilio Sestelo
Realización: Gus Abreu
Producción: José Ángel Font
Texto: Arturo L. Regueiro
Extraído do libro GALIZA CAJUN, Ordenación do territorio

Meu avó chuchou o azucre e as mulatas da Habana;
meu pai desfixo os folgos limpando os cais de Rotterdam;
e cheguei eu a home segando herba en Escocia.
Así que non me veñas agora dicindo adeus
porque cho leu na man unha xitana en Granada.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org