Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Marco, Aurora (1986)
"Rosalia em Curros"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 347-356.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela..

Alúdese á veneración dos escritores galegos por Rosalía de Castro e concrétase en Manuel Curros Enríquez, cuxa inclinación se manifestou na lírica e no xornalismo. Para Aurora Marco, tamén na obra de Curros é notoria a influencia da faceta costumista e folclórica de Rosalía. Estes dous aspectos son analizados no artigo, concretamente as referencias expresas de Rosalía en Curros e as influencias literarias da primeira no segundo.

Por unha banda, procédese á catalogación das referencias rosalianas no poeta de Celanova e que, maioritariamente, se atopan nos seus versos. Trátase de elementos que permiten caracterizar a poesía de Rosalía e analizar a súa recepción.

En canto ás influencias directas de Rosalía de Castro sobre Manuel Curros, estas encóntranse na corrente costumista de Cantares gallegos. "Unha boda en Einibó" e "O gueiteiro" serían exercicios poéticos á maneira rosaliana.  

 
marco_1986_rosalia.pdf (.pdf 871 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org