Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do VI Festival da Poesia no Condado. O limiar do volume está asinado por X. A. Suárez, que reflexiona sobre poder revelador da poesía e deste libro, con alusión ao potencial da fronteira galego-portuguesa para o estabelecemento de novos convivios e novos vimes para a Historia. A nómina de poetas participantes nesta edición é a seguinte: Xoaquín Agulla Pizcueta, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xela Arias, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Vítor Vaqueiro, Mª do Carme Kruckenberg, A. R. Reixa, X. L. Méndez Ferrín, Margarita Ledo Andión, Manuel Lueiro Rey, Xosé Fraga Iglesias, Ánxeles Penas, Henrique Manuel Rabunhal Corgo (Galiza), Jordi Domènech (Cataluña), Orlando Costa, Pires Laranjeira, António de Almeida Matos, José Viale Moutinho, Abílio José Santos, Luis Veiga Leitão (Portugal) e Cristina de Mello (Brasil). No libro recóllese ademais información sobre os participantes no Encontro de Humoristas celebrado canda ao Festival da Poesia.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Agulla Pizcueta, Xoaquín; Álvarez Cáccamo, Xosé María; Arias, Xela; Cabana, Darío Xohán; Manuel María; Vaqueiro, Vítor; Kruckenberg, María do Carmo; Reixa, Antón; Méndez Ferrín, X. L.; Ledo Andión, Margarita; Lueiro Rey, Manuel; Fraga Iglesias, Xosé; Penas, Ánxeles; Rabuñal, Henrique; Domènech, Jordi; Costa, Orlando; Pires Laranjeira; Almeida Matos, António de; Viale Moutinho, José; Santos, Abílio José; Veiga Leitão, Luis; Mello, Cristina de; SCD Condado; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org