Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

(2003)
XVII Festival da Poesia no Condado/ Verbas para nom esquecer...

Salvaterra de Minho: S. C. D. Condado.



Descrición: Antoloxía conmemorativa do décimo sétimo Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Verbas para nom esquecer...", e celebrado en setembro de 2003 en Salvaterra de Miño. O limiar, precedido dunha fotografía sobre os labores de limpeza consecuencia do verquido do Prestige, é poético e está asinado por Manuel Rivas. En "A irmandade do poema" combínanse preguntas anafóricas e un mesmo refrán arredor da necesaria presenza e cohesión ante calquera adversidade. A "Introduçóm" que segue está deseñada como unha progresiva colaxe, tomando as palabras de diferentes autoras e autores nas edicións anteriores do Festival, peneiradas desde as coordenadas da "poesía e resistencia". A nómina de poetas na antoloxía é a seguinte: Marcos Abalde, Samuel Solleiro, Roi Vidal, Salvador Calderón de Anta, Daniel Salgado, Eugénio Outeiro, Kiko Neves, Estevo Creus, Brais González, Asunción Árias, Fátima Peón Torres, Marga Ledo Andión, Mª Sárria, Miguel Anxo Fernán-Vello (baixo a epígrafe "Galiza"); Jon Etxeandia Zorroza ("Euskadi"); Ana Silva Faria ("Portugal") e José Carlos Lima ("Brasil"). No índice final sinálase que a presentación do evento estivo a cargo de Carlos Blanco.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume foi imprescindíbel tamén a colaboración de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org