Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fanny + Alexander (2007)
"Amei-te tanto"
5 minutos e 20 segundos





Descrición: Videoclip do tema "Amei-te tanto", incluido no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s (2007) do grupo de pop acústico e electrónico Fanny + Alexander. A letra da canción baséase nun poema de Pilar Pallarés.

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: youtube.com

Metadatos: Fanny + Alexander; Finais dos 70s, comezos dos 80s; Pallarés, Pilar; Sétima soidade; poesía e música.

Observacións:

Amei-te tanto esta tarde
cando non estavas,
e estava o ceo como un atlas de ausencia
esvarando nas horas!

Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a sua fúria por acima de unha
sen piedade!

Non sei porque estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro
dias en que quixera aniquilar-te
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde amei-te como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.

Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas roitas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei  porque camiños navegou  o meu sangue
para chegar a ti.
Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.

Só sei que aquí me tes, oferecida,
sen culpa deste amor que caiu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.

Esta tarde amei-te como nunca,
pero ti non estavas.


(Pilar Pallarés, Sétima soidade. Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1984)

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org