Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bermúdez, Silvia (2003)
"O capital simbólico das literaturas subalternas: a poesía galega no serodio século XX"
Anuario de Estudios Literarios Galegos: 2002, pp. 201-208.
Tradutor/a: Andrés Crespo.

A partir da observación de Xoán González-Millán en Resistencia cultural e diferencia histórica sobre a necesidade de investigar os efectos das accións culturais sobre as relacións sociais, a autora propón unha análise da recepción no espazo simbólico-cultural e político galego de finais do século XX do activismo poético. Estúdase así a recuperación do espazo público por parte dos poetas emerxentes en recitais e performances como un programa de intervención destinado a resituar a experiencia estética e social da lectura, irredutíbel xa ao espazo da privacidade. Indícase ademais que a suposta "anomalía" desa explosión plural e moi numerosa de accións poéticas e do propio estatuto de autor/a nos anos 90 explícase polo feito de considerarse a poesía (e a performance) como a modalidade discursiva idónea para a promoción de novas formas identitarias orientadas á transformación social, cultural e política.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org