Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ferreiro, Manuel (2009)
"Os himnos nacionais (entre a Galiza e o Brasil). Sobre a deriva textual do himno galego"
En Laura Tato Fontaíña e Maria do Amparo Tavares Maleval (orgs.).
Estudos Galego-Brasileiros 3. Lingua, literatura, identidade: pp. 21-48.
Rio de Janeiro: De Letras-EdUERJ / Universidade da Coruña.

Estudo sobre o proceso histórico que conduciu á aceptación do texto e música actuais do himno galego (Eduardo Pondal e Pascual Veiga) en concorrencia con propostas textuais debidas entre outros a Alfredo Brañas, Armada Teixeiro e Ramón Cabanillas. Analízase ese asentamento popular e posteriormente legal en paralelo co acontecido noutras nacións europeas e latinoamericanas, Brasil en particular. En relación co texto de Pondal sinálase a existencia dunha acumulación crecente de erros nas edicións do poema que van desde 1890 até 1984. Reclámase en consecuencia unha recuperación da palabra orixinal do autor, acorde asemade coa rehabilitación dos símbolos e sinais de identidade que declara o ordenamento legal. A fin de restaurar a verdadeira letra do himno “Os Pinos” procédese a ordenar os materiais ecdóticos imprescindíbeis, ao tempo que se fai anotación de comentarios ortográficos, fono-morfolóxicos, sintácticos, rítmico-métricos, poéticos, léxico-semánticos e sobre a puntuación

 
ferreiro_2009_himnos.pdf (.pdf 503 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org