Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Relato pormenorizado do proceso de investigación, edición e estudos críticos dedicados durante máis de vinte anos á obra de Eduardo Pondal polo autor do traballo. Infórmase das fases do mesmo e das dificuldades máis relevantes afrontadas en arquivos institucionais e persoais, con especial atención ás aparicións de materiais na Real Academia Galega. Dáse conta así mesmo da serie de publicacións derivadas do proceso investigador e da incidencia que neste tiveron edicións e estudos debidos a outros especialistas na obra de Pondal, entre eles Amado Ricón. Os Eoas é a obra á que se presta unha maior atención no relato das etapas da investigación emprendida en 1985 por Manuel Ferreiro, quen destaca que tras os labores de procura sistemática, transcrición e edición dos materiais legados polo poeta para a súa edición, e logo da recuperación da versión testamentaria da súa épica, fica unha obra composta polos 91 poemas de Queixumes, 67 composicións impresas máis que foi publicando ao longo da vida, 150 poemas manuscritos e as 285 oitavas d'Os Eoas.  

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org