Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do XVIII Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Em defesa das liberdades" e celebrado en Salvaterra de Miño do 2 ao 4 de setembro de 2004. O prólogo do volume vai asinado por Suso de Toro, e a nómina de poetas participantes é a seguinte: Artur Alonso Novelhe, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marica Campo, Ana Belén Fernández, Carlos Figueiras, Antom Garcia Matos, Brais González Pérez, María Lado, Miguel Anxo Mato, Carlos Quiroga, Paula San Vicente e Marga do Val (Galiza); José Luís Peixoto, Valter Hugo Mãe e Jorge Reis-Sá (Portugal); Sonia González (Euskadi) e Ondjaki (Angola). O deseño e a maquetación do libro foron realizados por Carlos Quiroga, traballo para o que contou con fotografías propias.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Alonso Novelhe, Artur; Álvarez Cáccamo, Xosé María; Campo, Marica; Fernández, Ana Belén; Figueiras, Carlos; Garcia Matos, Antom; González Pérez, Brais; Lado, María; Mato, Miguel Anxo; Quiroga, Carlos; San Vicente, Paula; Val, Marga do; Peixoto, José Luís; Mãe, Valter Hugo; Reis-Sá, Jorge; González, Sonia; Ondjaki; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para este volume de 2004 foi imprescindíbel tamén a colaboración de Carlos Quiroga.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org