Ultimas fichas de sons
		<language>gl</language>
Ultimas fichas de sons
"Cama de piedra"
			<content:encoded><![CDATA["CAMA DE PIEDRA"
Os listos ollos aguias do mariñeiro nunca
leron libros de Stevenson, Melville, London, Verne,
pero os dedos buliron en páxinas de tinta
onde estaban escritas as marcas do mar, cofres
ocultos que abre a chave do aparello da vida.
[Gameleiros. Vigo: Xerais, 2002]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Che"
			<content:encoded><![CDATA["CHE"
No deserto que somos calquera pescador
é home que multiplica peixe e pan para os seus,
en completo silencio reinventa o evanxeo
segundo San Mateo. Nunca haberá cronistas
para daren noticia do cotián milagre.
[Gameleiros. Vigo: Xerais, 2002]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Dioni"
			<content:encoded><![CDATA["DIONI"
En cada mariñeiro dorme un ser mitolóxico,
con dous potentes brazos que nas extremidades
se bifurcan en oito tentáculos ventosas,
e cando no horizonte venta a voz do perigo
espertan oito brazos a apegarse na vida.
[Gameleiros. Vigo: Xerais, 2002]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Dixen amor e digo Ourense"
			<content:encoded><![CDATA[DIXEN AMOR E DIGO OURENSE
Se digo Ourense digo amor. Raigame
da orixe e da alma. Afervoado sangue.
Manantío. Dozura para os labios
dondos para sorrirlle as esperanzas.
Ponlas de árbore que arden no infinito.
Nas mínimas herbiñas que hoxe falan,
para acendervos lumes de relembro.
Para vivir tenramente, como un trigo
en froito de colleitas acadadas.
Cal graíño da area ou fío de sol.
Lémures doces de acendidas chamas
polas sendas da tarde, entre silveiras.
Polas beiras dos ríos, e das chairas.
Dixen Amor, e digo Ourense. Digo
dozura. Arume. Merlos e calandras.
Digo nebras e sol. Chuvias e ventos.
Dólmenes e lendas. Torres e bisbarras...
Digo quedar convosco de por vida.
Despois da vida. Humildes. Concordadas.
Afundidas nas fondas comprensións
nesta rúa de amores, afincadas,
na terra que entre todos compartimos.
Dous nomes a lembrarvos cada día
entre arrolos de pombas, e palabras.
Intre de gratitudes decisivas,
e ledas plenitudes acougadas.
[Recollido en A malpocadiña de Dora Vázquez. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 1996]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"As caixiñas dos medos"
			<content:encoded><![CDATA[AS CAIXIÑAS DOS MEDOS
Preguntábase,
mirándose no espello
que lle amostraba todos os días a mesma cara de onte,
se xa sería vella
e ante o silencio
iniciou un paseo de zapatillas gachas
ao interior do seu corpo.
Nadou baixo as fervenzas das aurículas,
sentouse moi amodo no xardín dos artellos
e seguiu o paseo das arboredas
dos tendóns outonais.
Pero non atopou a senectude
e seguiu máis adentro buscando frondes en viaxe infantil
onde tiña soterrados os seus medos,
uns medos que naceran perfumados de primavera
e que permanecían en caixiñas
que ora estaban recubertas con inocencia de chocolate
ora de frío lacerante como eses carambelos
que expenden as xeadas á beira dos tellados.
Despois abriunas como tantas veces
e atopou os seus medos tan resecos
que só eran poeira de palabras,
memoria inerte,
pura cecina de alma
manando da memoria coa racionalidade
da táboa de Pitágoras
e a criba de Eratóstenes.
Volveu da súa viaxe.
Descubrírase vella e predisposta
a perderse no aire calquera tarde quén sabe cara ónde
como a flor das anémonas.
[En Zurgai: Algo más de veinte años. Bilbao: Zurgai, setembro 2000]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Canto á cidade de Ourense"
			<content:encoded><![CDATA[CANTO Á CIDADE DE OURENSE
O TEU NOME
¡OURENSE!... O teu nome pónseme nos beizos...
Vén da auga. Nace na fonte
do cálido alento
que abre con burgas o solar da túa carne.
¡Ourense!... Dende as miñas parcelas
sinto que as miñas aves vanse ao teu encontro...
O teu nome tráeme fragancias de añosas acacias
e asentos de recio granito, luminarias de nocturnos
crepúsculos, dourados ocasos e brancas auroras,
¡memoria de tempos!...
Hoxe mírote vestido de gala e verbena
-tocándote xaneiro con dedos solemnes-
pronuncio, baixiño, o teu nome: ¡Ourense!
¡Ourense romano, o da vella
romana Ponte! ¡Ourense do Cristo!
¡Ourense do Cristo e da Ponte,
a Ponte e a auga!...
O TEU RITMO
CAMIÑAS, transitando na liña do tempo,
con rumor de colmena e de río,
amosado o perfil aos catro costados
dos teus catro horizontes.
Saes de ti mesmo, rompendo do ventre
do Ourense antigo, e alárgaste
en novísimos barrios e avenidas
-ritmo de grande urbe- labrando constante
o vibrante aldabón da túa nova estrutura.
Estender os brazos
por onde os surcos eran fonte de semente,
e a Primavera apresuraba a sabia da viña.
Cubres Polvorín, subes Montealegre
traspasas o Barbaña, e téndeste
máis alá das túas filas de arcos:
Arcos que plantaron as cepas da túa historia,
as da túa cultura, expansión e progreso...
¡As Pontes do Miño!... ¡Do Miño, que pasa,
que soña e que ri, que chora e que canta,
rasgando vitrales baixo as súas barandas!
A TÚA LUZ
CEN bordóns místicos
soltan as túas campás...
A catedral sacode o seu bíblico xúbilo,
apurando as sandalias do alba.
Elévanse as espumas de néboas
e amosa, entre cruces e torres,
do teu rostro o perfil soñoliento.
Enardécese o aire...
O sol colúmpiase disolto e dourado.
Xoga polas cimas, sorprende a túa pedra
encende as cúpulas,
e coroa de graza e de ouro
a túa fronte, ao día desperta.
A luz ennoblécete. Despóxate de velos
E quedas fermoso. ¡O teu corpo -de pedra-
velado de máxico rosa!...
O TEU IMÁN
TES dureza de pedra e tenrura de ave.
Es pedra e es árbore,
Umbral de alamedas risoñas, dintel de boscaxes umbríos.
Es xardín: ¡Posío!
Es... ¡imán!
O teu imán é a luz que debuxa o teu talle,
o matiz singular que perfila o teu corpo
e esculpe o teu rostro con aristas de pedra;
a atracción das túas rúas movidas,
a bondade das túas xentes...
É a túa Catedral, erguido mural que te enmarca,
páxina aberta da arte e da historia.
É o teu Santo Cristo, cimeiro cristián da túa devoción,
lume e chama da túa fe sempiterna.
¡E é trascendente e senlleira,
lámpada do teu tempo,
a típica festa
do teu aninovo 2006!
[Soñando con Ourense. Ourense: Concello de Ourense, 1995]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Ninguén está perdida nesa hora"
			<content:encoded><![CDATA[Ninguén está perdida nesa hora
cando o vento sopra
e hai unha lúa vertical, noviña,
que envolve de misterio os perfís.
Memoria, 
emisaria do mar,
que nos mantén un cheiro de recordo:
Algo de nós,
pureza de altos días
mentres camiño pola vasta area
e penso no amor
que sempre se comeza nunha praia.
[Poesía reunida (1957-2001). Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia/Danú S.L., 2004]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Luz de setembro"
			<content:encoded><![CDATA[LUZ DE SETEMBRO
Cando o outono é unha barca que devala sen rumbo
baixo a sombra dourada das ribeiras máis tristes
a miña soa esperanza é ficar dispoñible
para toda viaxe máis aló do infinito.
[Dársenas do ocaso. Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia/Danú S.L., 2003]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Don do terrestre"
			<content:encoded><![CDATA[DON DO TERRESTRE
                                      A Carlos Gurméndez
I. 
CONSÓLAME NA TERRA. SÓ NELA ARELO SER.
Que un día do meu corpo se alimenten
os paxaros e os insectos.
Que de min se ergan árbores ao alto firmamento.
Quero alzarme nos froitos que afague a brisa tépeda,
sentir
que os animais me senten
no seu fuciño leve.
Que a bolboret pase
tocando coas súas ás a luz da miña ausencia.
O cabalo, a galope, presinta o meu destino
alvorozadamente.
Consólame, consólame na terra.
Non agardo outro reino.
[O canto da terra. A Coruña: Sotelo Blanco, 1987]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Poema da inmensidade detida"
			<content:encoded><![CDATA[POEMA DA INMENSIDADE DETIDA
Confúndenme as estrelas polo ceo.
Unha bengala estoupa e logo cai
deixando un tenue rastro de faíscas.
Miro as constelacións, os pontos infinitos,
a súa eternidade,
e, non obstante, sei que sinto en min
o fervoroso asombro de estar vendo
o que morreu hai muitos millóns de anos
na clara eucaristía das estrelas.
Miramos vida morta, simulacro
e resto do que foi e, ao mesmo tempo,
está sendo. Isto abruma, isto destroi
o que podo pensar coa miña mente
tentando descifrar o paradoxo
de amar unha ilusión mentres se perde
o obstinado brillar dos mesmos astros.
Por iso cando miro esas galaxias
hai algo que nos baña en sacramento,
un estupor que fai estremecer
os nosos corazóns por toda a terra.
Todo o que lembro sei que foi lembrado,
todo o que dei na púrpura vindima,
o ledo sal do mar que a infancia garda,
o lento navegar por terra estraña,
o medo a desligarnos de nós mesmos.
Todo o que sinto sei que foi sentido
a suave tentación de irnos amando
por camiños perdidos, o delirio
desta ebriedade,
esta doce maneira de dicir
que a noite é menos pura e recobrar
a lembranza feliz de nós despidos.
Descubro entón que a bengala veloz
e a inmensa latitude dos cruceiros
acaban sendo o mesmo,
pois foron son serán febrís daguerrotipos
repetindo o ocaso do universo,
as pálpebras que fechan o vivido,
o constante entusiasmo dalgúns beixos,
o raro desapego ao que nos demos
naquela luz de ti desasistido.
Así é a noite, unha lúa de mofo
que se apousa nos ollos cando penso
se nós tamén seremos como estrelas,
que vivimos aquí a sombra doutra vida
vivida noutro sitio,
que somos unha luz xa repetida,
que nunca inauguramos o que vemos.
[Inédito]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"A neve cai"
			<content:encoded><![CDATA[I. 
A neve cai
na imensidade vacía.
Cai o rumor do branco silencio.
Muda claridade
na pel do tempo:
pequenas flores húmidas.
Escóitote
cando xa teño soñado
a túa luz vexetal
A paisaxe é un ser 
a se encarnar.
Dentro do silencio
o presente non existe.
Unha ave busca o seu niño
nas árbores cargadas
de soidade.
A neve borra
as túas pegadas 
sobre a neve.
[O rostro da terra. A Coruña: Baía Edicións, 1996]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"O vento é do verán"
			<content:encoded><![CDATA[O vento é do verán
camiña pola rúa sen destino
como un sol ferido no seu infinito
leve a súa luz un algo violeta.
O sol de lánguido ollar casi
sen memoria
na túa luz un algo violeta.
Xaces nos meus brazos temerosos
xaces temerosa de sentires
o teu nome
a palpitar na túa entraña miña
polo teu nome.
Quen son? dime, quen es deste soño?
Na branca penumbra calada
os nosos corpos adormecidos pregúntanse
nun cuarto repleto de silencio, de beixos
e non son eu e non es ti
senón sombra.
Translúcida sombra lanceada,
exausta,
vivo con quen onte fun
sobre fráxil lenzo de seda branca
ardo xa doutra luz.
Gardo na miña man unha pequena lúa.
Busco un lugar a salvo de ti.
[Evadne. A Coruña: Espiral Maior, 1998]
			<category>2003-</category>
"X. A cabeza feminina de Afrodita"
			<content:encoded><![CDATA[X
A cabeza feminina de Afrodita, labrada no mármore.
Evanescente a cor.
Un longo colo, rasgos sinxelos, o nariz recto,
as pupilas amendoadas tremen a súa prata fina.
As pálpebras recordan as lilas.
Vive aquí o que ti serás sen ti
agardando na dozura duns teus ollos
cansos de se ollar noutros ollos. Contemplas a vida.
A que soñou un sol púrpura, ardente, que te ollase
nas horas de tristeza en que fuches soñada
dálle as cores ao cálice da flor violeta.
Na música que dorme na praza da fonte, e agara
nos prados en contra de toda esperanza
o mundo enxendra este día de choiva
beixa os seus labios xa imperceptíbeis.
Mamáteresa deu un suspiro e na galería da branca alcoba
as palabras eran unha nova adiviñación
tan doce como o bris do canaval.
Na mañá de domingo había unha grande luz
e un vento de outono no que vivía a ela abrazado.
O tanxido das campás da pequena igrexa románica
en longos intervalos trai o tempo de antano.
O trazo redondeado e suave dos pómulos
do xa vello rostro do inverno.
Demoradamente pentea os cabelos,
aos dous lados da cabea,
en lixeiras ondas, recóllese a trenza na caluga.
Todo é comezo nunha pequena rúa. Aos meus pés
os instantes amontóanse esgotados e fríos.
O aroma do leite cru, a herba madura.
Os eidos: O recordo da manzanilla
mestúrase co arrecendo da mimosa.
Todo ten ese ar de inacabado. O que é hoxe nunca foi.
                                                                                 (Cabeza de Venus)
[Variacións nube. Vigo: A Nosa Terra, 2004]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Tardes de outono"
			<content:encoded><![CDATA[TARDES DE OUTONO
Son días que nos levan
como veleiros brancos.
Tardes de outono
detidas sobre omar.
Brancas naves perdidas no infinito.
Beleza eterna, inútil, insaciable.
			<category>2003-</category>
"Esplendor e derrota"
			<content:encoded><![CDATA[ESPLENDOR E DERROTA
¿Que anuncian esas nubes incendiadas
a sucar como vastos continentes
as praias misteriosas do solpor?
Aínda que semellan viaxeiras do infinito
son criaturas suxeitas, coma nós,
á inclemencia do tempo e á vitoria da morte.
Como todo o que pasa, a súa beleza é un soño.
As aves que as perseguen ata a última
liña de sucesivos horizontes
coa ilusión de alcanzar
algún posible porto após de toda rota,
pérdense para sempre
alén de todo espazo, realidade ou memoria.
Só algunha, ao azar,
retorna agazapada ao tosco promontorio
onde soña e remoe, como esfinxe ridícula,
a inútil certeza da súa derrota.
			<category>2003-</category>
"A deusa melancólica"
			<content:encoded><![CDATA[A DEUSA MELANCÓLICA
Esa lúa que ascende silenciosa
na ardora durmida e secreta desta noite
sabe qué absurdos son os nosos soños
mais, xenerosa, deixa polas praias
o seu sorriso roto
de deusa solitaria e melancólica.
Confidente dos peixes prateados
e as sereas ardentes que enlouquecen os homes,
veu ao longo dos séculos
que todo o que conciben e constrúen
está abocado á morte.
Mais non cabe a crueldade
na celeste beleza
da súa albura azul e misteriosa:
impasible á loucura da razón,
invicta ante as feridas do tempo e mais da morte,
navega imperturbable no infinito das horas.
			<category>2003-</category>
"De babor a estribor"
			<content:encoded><![CDATA[DE BABOR A ESTRIBOR
I. 
Cos dedos esgazados
e a mirada perdida no horizonte
canso xa de mareas
singraduras agrestes, ollos quedos,
o vello mariñeiro de Fisterra
non soña máis vitorias que o retorno
máis calmas que o lamento inevitable
cando a derrota esixe o seu tributo
por que ninguén responde ao berro da buguina
por que ninguén regresa
cos estrobos sen nome
da inmensidade acuosa do naufraxio?
II.
De costas ao Berrón
coa negra branca néboa a lle cubrir os ollos
a Vaca anuncia ausencias
vendavais enganosos de oito a nove
voraz fatalidade
repetida nos ósos
desde o Cabo da Nasa ao Gavoteiro
entre os cantís de Rostro e Mar de Fóra
ducias de voces orfas
ecoan a estribor
enxaguados silencios na rompente.
[Inédito]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Sen condicións"
			<content:encoded><![CDATA[SEN CONDICIÓNS
Hoxe chegoume o que é, con seguridade, o seu derradeiro
correo.
Di que tivo varias tentativas de escribirme,
pero desistiu ao non dar co ton adecuado.
Todo se lle convertía en reproches e queixas e pensamentos
negativos.
"Así non era como o quería facer",
                                                        di
                                                            e a pesar diso,
                                                                                   asegura,
non deixou de escribirme cada día:
longas cartas mentais que eu, se son sincero,
recibín puntualmente e contestei
sen que il as recollese nunca.
Agora, todo está perdido entre nós
e, sen embargo, xura que me quere
como o primeiro día no que me amou,
ese día que ten -engade- "a mesma antigüidade do home".
Quéreme co mesmo amor imperfecto e necesario,
o que eu represento -insiste unha e outra vez no seu correo-
ten un valor que posiblemente non é un valor senón un
significado:
un significado sen palabra que o designe,
que non o deixa durmir
e o fai soñar infinito.
Non temos nada que falar
e esta certeza ofrécelle
unha nova perspectiva do amor e unha declaración poderosa de inmortalidade
que só se atrevera a facerlle ao mar:
Vive namorado de non verme, de non tocarme, de non falar
comigo,
Iso, seino, é de verdade amor,
amor sen condicións, pero amor convencional, á fin e ao cabo.
Escribe, despois de tantos meses de silencio, que me ama
e escríbeo porque asume que é a última oportunidade de dicirmo.
Debe ser así
porque senón tería que ser odio o que il sentise.
[Fálame. Ferrol: Sociedad de Cultura Valle-Inclán, col. Esquío, 2003]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"12 de xullo. Estación primeira"
			<content:encoded><![CDATA[12 DE XULLO. ESTACIÓN PRIMEIRA
"Na luz non queda nada se ti xa non a habitas"
Dixéchesme esa noite, cegadora de espantos.
Era verán, recordo. Alongados os días
no tránsito das horas palabras sen resposta.
Ninguén agás a sombra dos pasos nos miraba
cada recanto era un mar, un horizonte.
Na cidade, as calexas, entrefebradas elas
debuxaban siluetas de aromáticas horas.
Pero chegou a noite e con ela o silencio
pesadelo de angustias na voráxine incerta,
cos dedos esgazados e as bágoas no teu rostro
anunciando feridas no máis fatal insomnio.
[Derrotas con raíces. Inédito]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"Manifesto indeterminado"
			<content:encoded><![CDATA[MANIFESTO INDETERMINADO
A pantasma ignorada de Manuel Antonio percorre os camiños de Europa
e racha as cadeas nos suburbios de Roma,
as rodas, o pau da fogueira, o mastro,
a barbarie civilizada, a crónica atrofia da sensibilidade, o seguidismo artístico da metrópole,
a mocidade imbécil, os prosmas inxertados de raposo, a podredume interior, as pexas neocoloniais, as arráns académicas,
o aserrín encefálico, os mamaleites literarios, a indixente babelia madrileña,
os camiños vellos e fracasados, a negación da razón, as normas antinormativas, o letrismo inocuo, o individualismo inerme,
a literatura deportiva, os tónicos reconstituíntes, os versos estomacais, a divertida microcefalia hipercrítica,
a acrítica literaria,
o comando dos parvos, a imprensa trasamarela, o verbalismo afásico, o costumismo suxo, o costumismo desaforado e con aires de importancia,
o diálogo de besugos interior,
o método introspectivo, os narradores da súa propia idiocia, os sectarios do baleiro,
a retagarda monetaria, a incesante moralina práctica, a Compaña dos desnutridos,
os baladistas do baladí, ai, amor, os columnistas da quinta páxina,
os tipos serios que non coñecen a Marcel Schwob,
o inacabable bombardeo dos veciños colaterais,
o exército dos torpes, que xa elixiu coronel e comandante,
os réprobos medindo moito as súas amizades
e os prudentes, sempre coa súa nodriza da man.
Boto os dados contra o taboleiro da realidade para atopar o sorriso indeterminado do meu gato
e remexo no spleen do atardecer xogando ao guá cos bosóns e os neutrinos,
no labirinto azul dos días percorro os sotos en mil universos paralelos
que non poden por iso tocarse e en todos Lenin conversa con Castelao
e no meu barrio os nenos rodean con neumáticos o mastro da fogueira
no medio do verán
e préndelle lume ao día como se fose unha nave vikinga inestimable
e en todos esqueces nalgún lugar a miña imaxe.
Cazador de cetáceos acuáticos que cantan a canción orixinaria e afirman a superioridade transcendental do socialismo,
entrégolle un panfleto máxico a un mozo ruso que se pegou un tiro no peito porque está aqueixado dunha dor sen remedio.
Iluminado violinista, o meu grilo cuántico sae cantar á beira da túa válvula mitral
e nas noites desconcertadas co seu coitelo de sílice fai a cabrafigadura das túas dendritas.
Durmindo á beira dun regato, despistado coma un mouro,
só vexo sombras subindo as escaleiras,
sombras que eran os eus doutrora que recollían á repañota o que o mundo lles botase:
días de chuvia, amores, silencios como pedras,
cancros, astenia primaveral, soños e pesadelos, primos convexos,
sol nas tardes de praia, amigos, as horas tumefactas
do miserable tardofranquismo, rúas sen beirarrúas,
noites perfumadas, magnolias, o colexio de pago,
as tardes desangrándose na noite coma un anxo homicida
e as estrelas remotas e se cadra inexistentes.
A realidade, soterrada baixo séculos de propaganda e ideoloxías tumescentes,
non é máis ca unha jenny haniver. Precisa o método do ruina montium
para acadar as súas médulas intransitables.
Pola rede amazónica das miñas veas viaxa un fitzcarraldo ateigado de pianos
que levantou unha caverna cuaternaria da miña aurícula esquerda,entre estalactitas e estalagmitas, unha ópera selvática,
tras o arrobamento de descubrir, á caída dos ideoloxemas, a apoteose das melancolías,
e como Lewis e Clark vai río enriba ata atopar as fontes do tedio
que cega como se fosen os ollos da Medusa.
Co dedo maimiño remexe na copa de champán do multiverso
para decidir ao azar o spin das partículas elementais.
Apúntame de veras á revolución francesa
e limpa con esmero o nome de Robespierre, como unha prezada moeda.
O meu grilo especular ten o seu tobo no arco da túa aorta
e todos os seus compoñentes, que lle chaman Paganini,
fregan as ás autómatas cando che falo ao oído
e fan un coro lendo cada un máis alá o seu manifesto,
perdendo de novo os pasos perdidos
e arrepañando os anacos embalorecidos do pasado, que eu abanei cunha baloira 
para que podan soltalos os fillos anoréxicos da avangarda
e para que os mozos do exército vermello leven no peto esquerdo, próximo ao corazón,
o sorriso magnífico da raíña moura e a lembranza dunha estampida de bisontes
que saudaban bruando dese xeito o paso de Cabalo Tolo, noso Rei Sebastião
que foi e ha volver.
[Inédito]]]></content:encoded>
			<category>2003-</category>
"A caída do Imperio Romano"
A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO
Sen dúbida pertenzo é estirpe dos incrédulos,
Daqueles que furtados ao ilícito clamor
Da noite e as escuras fantasías
Deitaron a súa ollada no incerto desta hora
E foron procurar no leito doutros ríos
O brillo do diamante, a luz de antigos ouros.
Mais nada conseguiron encontrar.
Así que aquela fe, a crenza que moraba
Nos templos ortodoxos da conciencia,
Murchou como as hortensias. E as pedras sucumbiron
Ao embate das hedras e as chuvias e o inverno. Non debo agora entrar no templo que veneran
Os últimos afectos das prístinas bandeiras.
Non quero que perciban as miñas ironías,
Oh eles sabedores de tanto arcano rancio.
Acaso podo ser molesto sen querelo,
Chegar e interromper algún dos novos ritos,
Pisar a froita fresca que xace sobre o chan,
Verter algún dos cántaros con augas olorosas,
Deixar que algunha voz recente se esparexa
Na música de verbos tan antigos.
Non debo, pois, chegar e oculto presentarme,
Portar unha oferenda sen fe na providencia,
Sen crer de feito en deus humano nin divino,
Agora que, xa vello, do Imperio no crepúsculo,
Comezan a espallarse, sectarios, os cristiáns.
Ah Roma derrubada, acaso máis fermosa
Do que na altura nívea, no tempo cenital,
Dos grandes poderíos,
Agora só ruína, borralla entre os espolios.
[Refutación da musa. A Coruña: Espiral Maior, 2001] ]]></content:encoded>
"Voltei a ti"
			<content:encoded><![CDATA[VOLTEI A TI
Voltei a ti coma o paxaro á fonte,
voltei na luz do día sen mansío,
buscando no teu reino de efémera inocencia
a antiga paz da tarde sosegada.
Cheguei ás túas portas,
     ao pé dos teus valados tutelares.
Cheguei coa voz alucinada no éxtase da cantiga.
Fíxenme en ti presenza de esperanza.
Quixen bicar a flor do teu misterio,
     pronunciar o teu nome,
acender o teu lume de tenrura.
Invoqueite na luz.
Chameite dende a pedra, 
     dende a néboa dos ollos tatuados de insomnio,
para erguer esta cúpula de pranto.
Voltei a ti, terra de ausencias,
     entolecido amor,
     miña patria de estatuas invisibles
onde a noite presaxia tactos íntimos.
Voltei a ti.
Viñen na luz do día sen mansío
para durmir á sombra do
meu dolmen,
     no teu berce de bágoas,
miña nai milenaria,
infortunada deusa dos adeuses,
raíña coroada de agonía.
[Perdida luz. Santiago de Compostela: Follas Novas, 2000]
			<category>2003-</category>
"Terra"
			<content:encoded><![CDATA[TERRA
Terra de zugameles e de espellos,
quenlla da miña dor para esa fonte
onde se murcha a flor dos tempos vellos.
Por rotas do meu hoxe e do teu onte
cheguei aquén de ti, a esta ribeira
e pérdome sen soles neste monte,
aquí contigo, aquí, á túa beira,
acoitelado polos teus coitelos,
entalado por ti nesta arañeira.
Enxertado quedei nos teus bacelos,
entolecido en ti, ensarillado
neste abafo de redes e de ancelos.
Terra de corazón desacougado,
ningunha estrela do mencer te guía,
que te guía unha néboa do pasado,
que te guía unha sombra vouga e fría
chantada na tristura dos solpores
onte por ti, sen luces, morre o día.
Sombriza trepas polos corredores
altos da túa torre de arelanza,
resolta en bágoas, ensumida en dores
acadados por caste e por herdanza.
Xílgaro que te does entre reixas
ceibando o canto a xeito de esperanza,
perdido no tear das túas queixas,
nun relanzo de tempo sen idade.
¡Terra que me refugas e me apreixas,
fermosa terra, terra de saudade!
			<category>2003-</category>
"Si vis pacem"
SI VIS PACEM
As mílites murallas, os pórticos castrenses,
Vestíbulos e arcadas, alpendres, barracóns,
Que deron acollida, serviron de refuxio,
Na gloria e na ignominia do éxito e a perda,
A aquel que a infantería serviu con dignidade,
Murcharon cando a guerra deixou de acalorar
Os ánimos e as ánimas, os corpos e as materias
E as armas silenciaron o ímpeto do lume,
O estrondo e o balbordo de heroica combustión.
Así que nada fica daqueles territorios
Gardados contra a noite, erguidos para o día,
Que vellos capitáns nun tempo proclamaron
Máis válidos que a vida, con prezo superior
A todos os que, a centos, podíamos morar
Na entraña dos seus cuartos e recintos.
Así que, combatente, non deixes de avaliar
As sabias advertencias, a cauta exortación
Que en forma de poema che ofrece este soldado:
Por patria ou por bandeira ninguén debe doar
O empréstimo fecundo da existencia,
Por credo ou argumento, por sede ou avidez.
As armas na fogueira, funestas, se aniquilen
E a pólvora con chuvias indómitas se estrague.
[Lámpada e medusa. Inédito.] ]]></content:encoded>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
O equipo de poesiagalega.org fai constar o agradecemento a Rafa Villar pola cesión das fitas magnetofónicas correspondentes aos recitais organizados por Letras de Cal no pub Tarasca de Santiago de Compostela.]]></content:encoded>
			<category>Recital</category>
"Da casa onde nacín"
Da casa onde nacín case non teño recordos.
Lémbrome só da música dun gramófono
e posiblemente dun gato marrulleiro
que pasaba polas habitacións
como unha sombra de película.
Tamén un pintor estranxeiro
que debuxaba o meu pai
calado e ríxido na butaca Luís XV.
Eu soa, percorrendo as estancias
e os pasillos, na miña permanente
ensoñación das cousas.
Daquela casa o que teño inmutable
nos meus ollos, é o mar.
Calquera balcón daba ao mar.
O mar case sempre entraba polo portal
e subía as escaleiras.
Os barcos no medio da ría,
parados, soportaban a lonxanía.
E cando tiña seis anos
arrincáronme da mar
e das ondas luminosas do verán.
Xa nunca máis o tiven
ao pé do meu mirar.
Dende entón o cemento
invade o meu contorno
e cega o meu espírito de luz.
Foi naquela ou na outra casa,
non o sei, onde perdín o infinito.
[Lembranzas da beleza triste. A Coruña: Espiral Maior, 2003]
			<category>2003-</category>
			<description>Entrevista a Manolo Pipas sobre o seu poemario A milpa e o paliacate (edición do autor, 2009),...</description>
			<category>Recital</category>
			<category>Edición</category>
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
"Connivencias co outono dos paxaros"
CONNIVENCIAS CO OUTONO DOS PAXAROS
   Fuxiron tantas cousas
polas cloacas e polos semáforos
que os paxaros deciden
ocupar os espazos de tanta fealdade
e posan de modelos para un retrato artístico
segundo as instrucións de Jacques Prévert.
   Por iso en connivencia cos outonos
—insomnio,
memoria transparente,
cúpula de cristal empardecido,
piano, violoncelo,
ventolada de cuspe de campás
reflectidas nos ocos e nos ecos
entolada de cuspe de campás
reflectidas nos ocos e nos ecos
dos pétreos edificios—
os paxaron apousan nos balcóns
e préstannos o espello dos seus ollos
meténdonos camiño da loucura infinita
polo efecto fractal das súas meniñas.
   Eu gardo estes retratos que me dan os paxaros
e monto exposicións colgando tamén plumas
por entre as arañeiras do intrincado interior
en homenaxe a Hitchcock.
[Inédito]
			<category>2003-</category>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Recital no bar Pepa a Loba
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Recital no Rúa Nova
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
O equipo de poesiagalega.org fai constar o agradecemento a Rafa Villar pola cesión das fitas magnetofónicas correspondentes aos recitais organizados por Letras de Cal no pub Rúa Nova de Santiago de Compostela.]]></content:encoded>
			<category>Recital</category>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Entrevista a Xabier Vila-Coia
			<description>Conversa arredor da obra do autor. Emitida no Diario Cultural da Radio Galega o 12 de febreiro de...</description>
Lectura da "Canción para cantar todos os días"
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento a Rafa Villar.]]></content:encoded>
			<category>Recital</category>
Recital colectivo no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Entrevista a Marta Dacosta
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
Lectura dun poema de Curros Enríquez
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Lectura dun poema de Darío X. Cabana
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Recital no Tarasca
			<content:encoded><![CDATA[Dixitalización de audio: Reverso CCL.
			<category>Recital</category>
Una mala madre castiga a sus hijastros
			<content:encoded><![CDATA[Trátase dun romance vulgar, tamén denominado de cego ou de cordel, porque este tipo de poesía narrativa era vendida polos cegos que adoitaban vendela pendurada dun cordel, daí o nome. Os romances que vendían os cegos caracterizábanse polo seu estilo ampuloso e florido, pola presentación inicial dos lugares e das personaxes, polos verbos dicendi, e polos seus asuntos truculentos, morbosos ou extraordinarios. Neste caso encontrámonos ante unha madrasta cruel e asesina.
É moi frecuente, sobre todo en Galiza, a confusión deste tipo de poesía co romanceiro tradicional cando realmente se trata de dous xéneros poéticos diferentes que coinciden no seu carácter narrativo e no seu carácter popular; na súa transmisión oral, porén, encanto o romanceiro tradicional se transmite en variantes, pois é unha poesía aberta no nivel do significante e do significado, os romances de cego, como calquera outra literatura de autor, son repetidos de acordo coa súa versión orixinal, salvo algunha pequena variante debida a fallos puntuais da memoria. Mais, estes dous xéneros ás veces interferen un co outro, pois algúns romances vulgares chegan a tradicionalizarse, isto é a transmitirse con auténticas variantes, e alguns romances tradicionais poden incorporar trazos propios do romanceiro de cego. Normalmente, os romances vulgares eran un xénero preferido polos homes, mentres que as mulleres eran as principais transmisoras do romanceiro tradicional. En Galiza o número de informantes masculinos bos coñecedores do romanceiro tradicional é maior do que noutras áreas ibero-románicas.]]></content:encoded>