Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Revista de Poesía

Revista de Poesía

A Revista de Poesía é unha publicación semestral que acolle artigos, reseñas, entrevistas e traducións de estudos sobre poesía galega e internacional. Dirixida  ás investigadoras e investigadores e ao público xeral, a revista concíbese como unha plataforma para a recepción crítica dos métodos, estratexias e contidos que definen a actualidade na análise da poesía galega e na teoría poética. En tanto que algúns espazos da revista achegan unha selección de traballos de crítica e de teoría sobre a poesía, outras seccións apostan por instaurar unha zona de diálogo entre a análise e a recepción das prácticas poéticas.

Vinculada ao proxecto poesiagalega.org, impulsado polo Grupo Alea de Análise Poética, a Revista de Poesía pretende testemuñar as interaccións entre a produción poética e os procesos sociais no campo literario contemporáneo, así como favorecer a renovación do pensamento crítico sobre a poesía.

Revista de Poesía aparece nesta web con dous formatos diferentes. Inicialmente, na fase aberta ou líquida de cada número, os contidos son accesíbeis un a un no navegador web. Finalizado o semestre, péchase o número correspondente, que pasa a ser accesíbel de forma conxunta nun pdf disposto para a libre descarga, con maqueta orixinal de Nadina Bértolo. O peche dun número orixina en simultaneidade a apertura do número seguinte en formato líquido.

Normas de publicación

Ver as normas.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org