Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Edicións de autor/a recuperadas: Lento esvaece o tempo (1990)
[24/06/2011]
poesiagalega.org abre co libro de Ricardo Martínez-Conde un espazo para recuperar libros de poemas que no seu día saíron sen selo editorial.

Con Lento esvaece o tempo (1990), primeiro libro de poemas publicado por Ricardo Martínez-Conde, inaugúrase en poesiagalega.org un espazo destinado á recuperación en formato electrónico de vellos ou non tan vellos volumes que no seu momento apareceron sen pé editorial, o que adoito supuxo disporen dunha distribución limitada e unha chegada restrinxida ao público lector.

O equipo do proxecto ofrece este espazo a autoras e autores, así como a colectivos e asociacións que desexen colaborar na recuperación.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org