Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Nace Publicacións galegas, un blogue que pon á disposición do público revistas históricas galegas
[17/06/2011]
Algúns números de Nós ou A Fouce xa están dispoñibles para a descarga en pdf.

O blogue Publicacións galegas nace co obxectivo de facilitar o acceso do público interesado aos contidos de certas publicacións históricas de interese. Nós, A Fouce, Guieiro e A Nosa Terra son as primeiras revistas das que se están a colgar entregas en pdf na páxina para a súa libre descarga. Xa están dispoñibles tamén os cinco números de Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires. Se ben o proceso de dixitalización de contidos pretende ser fundamentalmente cronolóxico existe a posibilidade de solicitar no enderezo electrónico galiza.arredista@gmail.com que se suban uns números antes ca outros, como xa se fixo co último número d'A Fouce.

Outras revistas que se prevé dixitalizar a continuación son Alento, Nova Galiza e Rexurdimento.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org