Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Un cómic sobre Lois Pereiro
[03/06/2011]
Xerais ofrece un adianto de 24 páxinas da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano, "Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e á vida do poeta", que pronto estará nas librarías.

Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta é o título desta novela gráfica sobre Pereiro que consta de 160 páxinas das que 24 son xa de descarga libre no blog de Xerais.

O autor, Jacobo Fernández Serrano, elabora así unha achega diferente ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e conta para iso coa coedición da editora e a Consellaría de Cultura. A obra completa poderá adquirirse nas librerías a comezos do vindeiro mes de xuño.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org