Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poesía experimental catalá
[18/02/2010]
O grupo de investigación LiCETC da Universidade das Illas Baleares, co que o GAAP mantén proveitosas relacións de colaboración, estrea nova web, vinculada neste caso ao proxecto de investigación La poesia experimental catalana del període 1970-1990: discursos, representacions, recepció, infraestructures de difusió i marc sociocultural (PeC). O propósito anunciado polos membros do equipo é o de analizaren un conxunto de propostas experimentais notabelmente amplo, vendo en perspectiva crítica e comparada as ligazóns existentes coas prácticas poéticas textualistas, letristas, concretistas, visuais e polipoéticas, entre outras varias que foron atendidas en espazos xeoculturais diversos en Europa ou nas Américas.

Para isto, o grupo coordinado por Margalida Pons terá sobre todo presente a produción de poetas como Vicenç Altaió, Josep Albertí, J. M. Calleja, Enric Casasses, Jordi Domènech, Patrick Gifreu, Carles Hac Mor, Damià Huguet, Joan Palou, Santi Pau, Perejaume, Marcel Pey, Jordi Pope, Joaquim Sala-Sanahuja, Josep-Lluís Seguí, Víctor Sunyol e Andreu Terrades.

A idea inicial de experimentación concrétase nos seguintes termos: “ens interessa rellegir les poètiques que aporten al sistema literari català formes diverses de ruptura textual (com el joc amb el format, el codi i el suport, o la incorporació d’elements visuals), però també noves maneres de comunicació del poema (per mitjà de la reivindicació de la performance i de l’oralitat, per exemple)”.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org