Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Publícase a Poesía completa de Valentín Paz Andrade
[04/05/2012]
Un volume de máis de setecentas páxinas recolle a obra xa coñecida e outros libros de poemas inéditos do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas

Segundo a presentación editorial desta Poesía completa, ata que sae este libro, de Valentín Paz Andrade salientábanse sempre outras facetas intelectuais, mentres que a poesía parecía algo secundario no seu labor. Non obstante, logo da difusión por Xerais, a carón da obra coñecida, de sete libros inéditos, dous poemarios fragmentarios e outros poemas soltos cómpre reconsiderar esta idea tan espallada.

Editada polo profesor Gregorio Ferreiro, esta obra supón difundir libros de poemas descoñecidos que demostran que o seu autor non parou de escribir entre a Guerra Civil e os anos 80. Desa poesía citaremos agora tres das obras escritas durante a Guerra Civil: A serra. Cantos do desterro branco, Sangue na neve: Etopeia da serra e mais Cantos da aguia e do lobo, datadas todas no ano 37. O responsable da edición afirma que ao ler estas páxinas as lectoras e lectores poderán seguir por estes versos todo o periplo do século vinte que vai entre o ano 37 e o 84, un percorrido sobre as linguaxes e tendencias poéticas deses anos, coa importancia que iso ten no estudo non só da obra do autor, senón da propia literatura de noso na Guerra, o Franquismo e a Transición.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org