Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Publícase O Cullarapo Croque
[06/05/2012]
Trátase da primeira achega do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar para público infantil, con poemas de Miguel Ángel Diz, ilustracións de Luz Beloso e financiado mediante crowdfunding

O Cullarapo Croque é o personaxe condutor dos versos incluídos no libro homónimo, que constitúe o quinto dos cadernos Q de Vián. Estes cadernos pretenden ser unha vía de difusión da produción artística galega, e para este quinto volume conseguiron recadar 3000 euros de financiamento a través do crowdfunding.

Con textos de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustracións de Luz Beloso trátase dunha aposta especial do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar pola poesía para os máis cativos da casa.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org