Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Unha exposición e unha edición bilingüe para conmemorar o ano Celso Emilio
[08/03/2012]
A biblioteca pública Ánxel Casal organiza unha mostra bibliográfica sobre a vida e obra do escritor. Auga Editora e a Secretaría Xeral de Cultura presentan a edición bilingüe galego-castelán de Longa noite de pedra.

A exposición poderase visitar no mes de marzo de luns a venres entre 8:30h e 21h e os sábados de 10h a 14h.

Auga Editora e mais a Secretaría Xeral de Cultura presentaron a edición bilingüe galego-castelán de Longa noite de pedra, con ilustracións de María Lires. Nos vindeiros meses, dúas novas edicións bilingües achegarán esta obra a outros públicos. Unha delas, galego-inglés, que se publicará dentro da colección Galician Classics da propia Xunta de Galicia. A outra compartirá galego e francés e aparecerá no catálogo de Editions L'Harmattan.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org