Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Lírica i deslírica. Anàlisis i propostes de la poesia de experimentació
[10/11/2012]
Editado por Margalida Pons e Josep Antoni Reynés, da Universitat de les Illes Balears, este libro recolle as achegas dos investigadores e creadores que participaron no ciclo de conferencias homónimo, organizado polo grupo Literatura Contemporània: Estudis Teòrics i Comparatius (LiCETC) entre o inverno de 2010 e a primavera de 2011.

O marco de reflexión xeral proposto no volume é o da experimentación poética nos séculos XX e XXI, se ben concede unha atención específica á produción catalá das últimas catro décadas. Os estudos teóricos corren por conta de Enric Bou, Cornelia Gräbner, Manuel Guerrero, Dominic Keown, Jordi Marrugat, Montserrat Roser e Margalida Pons, mentres que os creadores que interveñen no libro son Carles Hac Mor, Víctor Sunyol, Bertomeu Ferrando e J. M. Calleja.

Con esta publicación, o grupo LiCETC dá continuidade aos seus proxectos de investigación sobre a literatura experimental catalá desde a década de 1970.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org