Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Congreso Internacional de Poesía Non Lírica
[10/01/2011]
A Comisión Organizadora do I Congreso Internacional sobre discursos non líricos na poesía contemporánea. Espazos, suxeitos, medialidade (DINOLIPOE), que se vai celebrar os días 26 e 27 de abril de 2011 na Universidade de Vigo, fixo pública a súa convocatoria.

O obxectivo é abordar algunhas das principais cuestións que dependen da inestabilidade funcional do suxeito/autor-a na constitución do eu poético, así como as consecuencias da proxección sociocultural da poesía na esfera pública. Entre as áreas de interese atópanse as seguintes:

  • A poesía na esfera pública
  • Poesía, economía e institucións
  • A poesía en tradución: linguas, culturas, códigos, transcreación
  • Novos suxeitos e obxectos poéticos
  • Os discursos poéticos na posmodernidade
  • A identificación entre poesía e lírica
  • Narratividade e discurso poético
  • Formas neoépicas en poesía
  • Poesía, diálogo, dialoxismo: voces e identidades no poema
  • Poesía e ficción
  • Poesía como ensaio e argumentación
  • Ideoloxía, performatividade e discurso poético
  • O marco espacial da comunicación poética: lectura, recitado, performance
  • Poesía e medios de comunicación: oralidade, páxina, pantalla, guión, teatro, canción, Internet
  • Poesía e intermedialidade
  • Lugares da metapoesía
  • Comunidades poéticas
  • Espazos e temas na poesía experimental
  • Unidades poéticas: do verso á rede ao través de libros e revistas
  • A poesía e a crítica
  • Poesía e xénero

A Comisión Organizadora solicita o envío de propostas cun máximo de 300 palabras para relatorios de aproximadamente 20 minutos, xunto cunha breve nota biográfica ou curriculum vitae nesta caixa de correo. A data límite de recepción é o 4 de xaneiro de 2011. Pode localizarse máis información na páxina web oficial do Congreso.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org