Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
O Anuario de Estudos Literarios Galegos en poesiagalega.org
[15/02/2012]
Todos os estudos poéticos que forman parte do Anuario de Estudos Literarios Galegos (1992-2007) xa están ao teu dispor no arquivo de poesiagalega.org.

Toda a serie de achegas á poesía galega que o Anuario foi acollendo nas súas distintas seccións (artigos, panorámicas, recensións) nas dúas etapas que coñeceu ao longo da súa vida (1992-2002 e 2003-2007) poden ser consultadas  xa no noso arquivo. Estes traballos, na súa diversidade de temas e enfoques metodolóxicos, constitúen unha boa mostra do rigoroso criterio científico polo que a revista tentou guiarse e que a converteu en referencia inexcusable para os investigadores da literatura galega.

O equipo de poesiagalega.org quere deixar constancia do seu agradecemento á Editorial Galaxia por facilitar a reprodución desta publicación.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org