Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poesía Experimental en Barcelona
[10/02/2012]
As Jornades Internacionals de Poesia Experimental, organizadas polo grupo de investigación Poció. Poesia i Educación da Universitat de Barcelona, terán lugar os días 25 e 26 de outubro no MACBA.

Os obxectivos das xornadas son a definición de modelos de análise, a reconstrución dun mapa de poéticas vinculadas ao experimentalismo, así como o estudo da súa recepción por parte de público e crítica.

A conferencia inaugural será pronunciada por Jean-Marie Gleize (École Normal Supérieure de Lyon), como punto de partida para un programa que inclúe as ponencias de Carlota Caulfield (University of Oakland), Rui Torres (Universidade Fernando Pessoa), Jean-Pierre Bobillot (Université Stendhal Grenoble-III), Klaus Peter Dencker (Universität Trier) e Susana Romano (Universidad Nacional de Córdoba).

O programa inclúe, ademais, sesións de comunicacións organizadas de acordo cos obxectivos centrais do evento, así como mesas redondas e intervencións artísticas a cargos de teóricos, críticos e/ou poetas de proxección internacional.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org