Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Szymborska en galego
[09/12/2011]
Lucía Caeiro, que foi lectora de galego na Universidade de Varsovia, é a tradutora desta antoloxía bilingüe da polaca Wisława Szymborska (Premio Nobel de Literatura 1996) que acaba de tirar do prelo Edicións Positivas co título Versos escollidos.

Vietnam


Muller, como te chamas? --Non sei.

Cando naciches, de onde es? --Non sei.

Porque escavaches esta gorida na terra? --Non sei.

Dende cando te agochas aquí? --Non sei.

Porque me mordiches no dedo anular? --Non sei.

Sabes que non che imos facer nada malo? --Non sei.

De parte de quen estás? --Non sei.

Agora estamos en guerra, tes que elixir. --Non sei.

A túa aldea aínda existe? --Non sei.

Estes son os teus fillos? --Si.

 

Unha monada (1967)

 

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org