Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Un ano en activo na rede
[25/01/2012]
poesiagalega.org cumpre hoxe o seu primeiro ano de actividade pública. Neste tempo elaboráronse un total de 1.645 fichas no xestor da base de datos, sumados arquivos de texto, son, vídeos e información (axenda e mais noticias).

A cifra corresponde ao último cómputo que realizamos, con data 13 de xaneiro de 2012, e a distribución por sectores é a seguinte: contamos con 702 rexistros correspondentes a artigos, capítulos de libros, recensións e textos deste tipo; son 40 os libros ou revistas dixitalizados; 79 os vídeos dispostos ou ligados; 49 os arquivos de son ofrecidos; 283 as imaxes catalogadas e subidas ao repositorio; 97 as novas desenvolvidas; 395 os eventos dos que se informou nos últimos doce meses na axenda de poesiagalega.org. Case todas estas fichas están xa abertas, quedando pendentes de completar menos do 2% dos rexistros.

O propósito do GAAP e dos membros do equipo de investigación constituído é continuar o labor iniciado. Os orzamentos e os compromisos dan para cubrir o exercicio 2012. Ora ben, a ausencia de convocatorias públicas similares ao Programa Sectorial de Investigación Aplicada (Tecnoloxía - Sociedade e Cultura) da Xunta de Galicia, que en 2009 nos permitiu asentar este proxecto, non hai dúbida de que condicionará de forma seria a continuidade da tarefa.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org