Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Rebelión na charca, de Miro Villar
[07/02/2012]
O 2 de febreiro, día da Candeloria, saíu do prelo este conto infantil rimado publicado por Toxosoutos, pertencente á colección Bolboreta e ilustrado por Ana Santiso.

En palabras de Miro Villar, "a historia sucede nunha charca na fin da terra onde ras, sapos e píntegas pasan o día a xogar coma trasnos rebuldeiros. Porén, o sapo corredor ou corriqueiro, o máis fachendoso e presumido, e o sapo cunqueiro, o máis vaidoso, teñen moi mal perder. O conto é unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e os abusos do poder e, por suposto, procura ensinanza e ten final feliz".


Este é o seu inicio:


Era unha vez un grupo de ras, sapos
e píntegas que estaban nunha charca,
día a día xogando cos seus papos,
desde o outono, cando a auga encharca
ata o verán, que secan ben os trapos.
Os anfibios, tal trasnos rebuldeiros,
xogaban e xogaban con moita orde
e con respecto polos compañeiros.
Nunca houbera a mínima desorde,
só querían xogar, non ser primeiros.
[...]

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org