Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Revista de Poesía N 1
[12/01/2012]
Publicamos hoxe en pdf o número 1 completo da Revista de Poesía, un proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral que inclúe artigos, entrevistas, reseñas e traducións sobre poesía galega e internacional.

Poesiagalega.org pon hoxe a disposición pública o primeiro número pechado da súa Revista de Poesía, cuxo comité de redacción está formado por Margarita García Candeira, María López Sández, Montse Pena Presas e María do Cebreiro Rábade Villar.

Cada número da Revista de Poesía terá dos momentos diferenciados no que respecta á súa visualización. Nun primeiro momento a entrega terá carácter líquido: irán saíndo á web os artigos a medida que se vaian recibindo, aceptando e editando. Nun segundo momento os números terán xa un carácter pechado. Así, dúas veces por ano (intentarase que en maio e en novembro) darase por completa ou pechada a lista de colaboracións. A partir desa altura maquetarase o conxunto de colaboracións nun arquivo conxunto en pdf, similar ao que hoxe queda listo para descarga. Simultaneamente a ese paso e peche dun número abrirase a fase líquida do número seguinte.

Actualmente, pechado o número 1, ofrecemos xa materiais do número 2. Observarase o propósito de potenciar a revista con seccións novas e con máis colaboracións, abrindo unha vía cara aos contidos gráficos e a poesía visual, así como a un número superior de reseñas, cunha perspectiva atenta á produción teórico-crítica internacional que ao consello de redacción lle pareza especialmente importante para a investigación ou a comprensión da poesía contemporánea.

O enderezo de contacto para enviar propostas/textos é gaapsdcping@gmailpong.com.  As normas de publicación poden consultarse aquí.

 

REVISTA_POESIA_1.pdf (.pdf 0.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org