Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Nova colaboración editorial
[21/12/2011]
Coa mediación de Xoán C. Domínguez Alberte, poesiagalega.org abriu unha nova liña de recuperación de libros de poemas de distribución limitada. Trátase da dixitalización das publicacións non venais que, baixo diferentes selos editoriais, se levaron a efecto en Porto e Lisboa dende 1995.

Entre estes selos cóntanse sobre todo Edições Tema, Edições Fluviais e Incomunidade, que sempre coa dirección literaria de Alberto Augusto Miranda e con logos de Anxo Pastor publicaron varias decenas de libros desde o que constituíu a súa estrea no ano 1995, a Rota ao interior do ollo, de Luísa Villalta.

O proxecto contou nos seus inicios co apoio da Sociedade de Instrução Guilherme Cossoul.

Os tres libros dixitalizados até o momento son Material de outono, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, a antoloxía Mulher a facer vento e o libro en homenaxe a Xela Arias, Manuel María, Luísa Villalta e Antón Tovar Son de poesía.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org