Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
A poesía experimental catalá e a súa análise
[23/11/2011]
No marco das relacións entre equipos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat de les Illes Balears, o mércores 23 de novembro terá lugar un seminario aberto a cargo da profesora Mercè Picornell (UIB) sobre a poesía experimental catalá e a forma de analizala, documentala e difundila.

A orientación do seminario de traballo está dirixida ao ámbito do experimental na poesía catalá e tamén ao xeito no que o Grupo LiCETC da UIB (http://www.uib.es/depart/dfc/litecont/index.html) emprendeu a súa análise en canto a metodoloxía, transferencia e outros aspectos correlativos. O acceso é libre até completar aforo. O seminario desenvolverase na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía da USC (1º andar) entre as 18 h e as 20 h.


 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org