Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Xa me tardan estes Magos
[14/11/2011]
A Editorial Galaxia presenta o novo libro-disco do grupo Mamá Cabra, ilustrado por Kristina Sabaite, que conta coa participación dos poetas galegos Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel (vocalista do grupo).

Despois do éxito de Ola, ola, la!, o grupo de música infantil Mamá Cabra, liderado pola vocalista Gloria M. Roel, lanza este segundo libro-disco de temática navideña que pretende que os nenos agarden con máis ilusión a chegada dos Reis Magos.

O sábado 19 de novembro, Xa me tardan estes Magos será presentado na Casa do Libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo ás 18 horas.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org