Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
A base de datos das cantigas galego-portuguesas
[11/11/2011]
O Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa presenta este proxecto dirixido por Graça Videira Lopes que pon a disposición pública a totalidade das composicións medievais galego-portuguesas.

O sitio web Cantigas, inserto no proxecto Littera, edição, actualização e preservação do património literário medieval português, diríxese a docentes, especialistas e público en xeral. A base de datos conta coa totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos e a música medieval ou as versións ou novas composicións contemporáneas. Tamén se comparte información sobre os autores, os personaxes referidos nas cantigas, así como a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org