Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Marcos Calveiro falará de Lois Pereiro en tres universidades alemás
[03/11/2011]
Os días 3, 4 e 5 de novembro, o escritor Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e a obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos das Universidades de Tubinga, Heildelberg e Libre de Berlín.

Marcos Calveiro publicou o pasado mes de febreiro na colección Fóra de xogo de Xerais a obra Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, na que coma se dun falso guión dun filme imaxinario se tratase amosa algunhas das escenas da vida do poeta. O libro complétase cunha cronoloxía, un caderno fotobiográfico e unha antoloxía poética do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org