Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Revista Atenea, nº 42: "Especial Poesía Visual"
[24/10/2011]
A Revista Atenea, publicada polo Ateneo Ferrolán, ofrece neste novo número un especial dedicado á poesía visual onde participan dezaoito artistas.

"Neste nº 42 da revista trimestral abordamos a poesía visual, unha forma experimental na que a imaxe, o elemento plástico, en todas as súas facetas, técnicas e soportes, predomina sobre o resto dos compoñentes. Esta forma de poesía non verbal constitúe un xénero propio, e no campo da experimentación, os seus creadores móvense na fronteira entre os xéneros e as artes, como a pintura, acción poética, o teatro, a música e a mesma lírica discursiva, dando lugar a diversas formas de poética".

Entre os colaboradores deste especial están: Agustín Calvo Galán, Alfonso Rodríguez, Ana González Moro, Ángels Jornet Sagués, Artemio Lándoas, Baldo Ramos, Bartolomé Ferrando, Corporación Semiótica, Cristina Ferreiro, Jesús García Eiroá, Jorge Chamorro, José Francisco Varela Rial, Eliso, Marisol Gándara, Miguel Ángel Alonso Diz, Paulo Pardo Carrera, Rosanegra e Sergi Quiñonero.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org