Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Normas de publicación

Normas de publicación

  1. A Revista de Poesía está aberta á recepción de traballos orixinais de investigadores e investigadoras de dentro e de fóra de Galicia.
  2. Os traballos poden ser enviados aos enderezos m.rabade[arroba]usc.es e/ou arturo.casas[arroba]usc.es.
  3. A lingua preferente dos estudos será o galego. Admítense tamén traballos en portugués. Sempre que o interese do traballo o xustifique, o consello de redacción pode encargarse de traducir os textos remitidos noutras linguas.
  4. Os artigos ou estudos que se remitan para a consideración da súa publicación deben encadrarse preferentemente nos seguintes ámbitos: teoría e crítica da poesía galega e/ou internacional, estudos poéticos comparados, estudos semióticos ou culturolóxicos sobre materia poética, estudos empíricos e sociolóxicos sobre produción/recepción de poesía, poesía e tradución, institucionalización e mercado da poesía.
  5. Os textos enviaranse con interliñado 1,5 e limitarán no posíbel o uso de notas a rodapé. Os artigos non superarán as 6.000 palabras. O límite para as reseñas sitúase nas 2.000 palabras.
  6. Se van acompañados de material gráfico deberá estar en formato .jpg o .gif preferentemente.
  7. Tralo título do artigo, os documentos deberán consignar o nome do autor ou autores e, no seu caso, a institución na que traballa.
  8. As referencias bibliográficas seguirán este procedemento: a) libros: Apelido(s), Nome (ano): Título. Lugar: Editorial; b) capítulos de libro: Apelido(s), Nome (ano): "Título do capítulo". En Nome Apelido(s) (ed. / Dir. / coord.), Título do libro. Lugar: Editorial, páxinas; c) artigos: Apelido(s), Nome (ano): "Título". Medio: número, páxinas; d) recursos electrónicos: Apelido(s), Nome (ano): "Título". Medio web. Accesíbel en <url da publicación>. [Consulta: data de acceso en formato dd/mm/aaaa].
  9. No interior do texto, as referencias realizaranse no seguinte formato: (Apelido ano: páxinas)
  10. Despois do título, os textos incluirán un resumo en galego e, con carácter optativo, en inglés, así como de tres a cinco palabras-chave.

Contacto

Podes contactar con Revista de Poesía escribindo ás seguintes caixas de correos dos membros do Consello de Redacción:

María do Cebreiro Rábade Villar:
m.rabade[arroba]usc.es

María López Sández:
maria.sandez[arroba]usc.es

Montse Pena Presas:
montserrat.pena[arroba]usc.es

Margarita García Candeira:
margarita.garcia.candeira[arroba]usc.es

Arturo Casas:
arturo.casas[arroba]usc.es

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org