Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Axenda > Evento
Vigo en verso. A cidade como factoría poética
Día: 01/03/2011
Lugar: Casa Galega da Cultura (Vigo)
Recital de poesía e música presentado por Marta Dacosta. Intervirán as poetas Ledicia Costas, Cruz Martínez e María Lado. Contará coa actuación musical de Maica Álvarez. O acto está organizado pola asociación cultural O Castro.

O recital terá lugar de 20h a 21h30 na Casa Galega da Cultura (Pazo da Princesa), de Vigo.

 
 
« Marzo - 2011 »
L Ma M X V SD
 
01
02
03
04
05 06
07 08 09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22 23
24
25
26
27
28
29
30
31
 

Vigo en verso. A cidade como factoría poética

Recital de poesía e música presentado por Marta Dacosta. Intervirán as poetas Ledicia Costas, Cruz Martínez e María Lado. Contará coa actuación musical de Maica Álvarez. O acto está organizado pola asociación cultural O Castro.

"Entre o universo e a tinta", conferencia de Estíbaliz Espinosa

Dentro do ciclo "En feminino", a poeta falará das relacións entre escrita e realidade. A entrada é libre até completar capacidade.

Presentación de Doce, de Mon G. Buhigas

Intervirán Armando Requeixo, crítico literario e profesor, Luís Alonso Girgado, director da colección Libros da Frouma, e o autor. O acto contará, ademais, coa presenza da ilustradora do libro, Inés Casas Maroto.

Proxección de Translittera, de Rafa Xaneiro

Realizado durante as Xornadas de Novas Linguaxes Poéticas celebradas en 2005, coa participación de Antón Lopo, Iván Prado, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Yolanda Castaño, Estevo Creus, David Creus, María Lado, Lucía Aldao e outros.

Representación d'A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro

A compañía Inversa Teatro leva á escena A illa das mulleres loucas, peza poética de Alfonso Pexegueiro. Dirixe Vanesa Sotelo.

VI Encontros Milpedras

Recital conxunto de música, poesía e fotografía.

Presentación do libro de Diana Varela Puñal Animal Abismo

Intervirán, ademais da autora, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel e Miguel Anxo Fernán Vello. Música: Xocas Meijide

Estrea de Mundo Lois

Mundo Lois é un espectáculo baseado en textos de Lois Pereiro e dirixido por Lino Braxe. A escenografía audiovisual de Manu Paz e Antón Reixa conta coa banda sonora de Alexandro González.

Presentación do caderno Q de Vián De Castro, de Alberte Momán e Alba Méndez

Ademais da presentación, haberá un recital poético rosaliano, no que participarán Asun Estévez, Lucía Novas, Daniel Costas, Alfonso Láuzara, Miguel A. Alonso, Neves Soutelo, Manolo Pipas e Anxo Ratel. En representación da Asociación de Mulleres de Moaña intervirán Ana Blanco, Dora, Concha Trigo e Elisa.

Operatorio, performance de Antía Otero e Carlos Neira

Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine, e mais do espazo trans que ambas as disciplinas deixan entre elas, Carlos Neira e Antía Otero crean Operatorio.

Recital de poesía e música con Roberto Reséndiz Carmona

Recital do autor mexicano Roberto Reséndiz Carmona no que participan tamén Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Olga Patiño, alén dos músicos César Morán e Xosé Taboada.

Presentación do monográfico de poesía galega contemporánea da Poetry Review

O monográfico sobre poesía galega contemporánea da Poetry Review vai acompañado dun suplemento de poetas galegas e galegos contemporáneos editados e traducidos por Jonathan Dunne co patrocinio da Xunta de Galicia.

Presentación de De Castro de Alba Méndez e Alberte Momán

Alba Méndez e Alberte Momán, do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, presentan "De Castro", colectánea poética na que converxe a visión que ambos teñen da figura de Rosalía de Castro.

Círculo Poético Aberto

Recital promovido por Penúltimo Acto, Grupo de Acción Poética. A convocatoria está dirixida a todo o público que queira participar.

Polafías

A Asociación de Escritores en Lingua Galega gravará romances de cego, coplas, regueifas e outras mostras da tradición oral da parroquia de Cerqueda nunha nova edición das Polafías.

II Jornadas Galego Portuguesas de Edição Independente

Estaleiro Editora e Corsárias organizan por segundo ano consecutivo as Jornadas de Edição Independente. As catro mesas redondas terán lugar na Biblioteca Ánxel Casal entre os días 14 e 17 de marzo, ás 19 horas.

Presentación do libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega presenta a súa nova publicación, que ten por subtítulo "a persoa e a obra, de onte a hoxe".

II Jornadas Galego Portuguesas de Edição Independente

Estaleiro Editora e Corsárias organizan por segundo ano consecutivo as Jornadas de Edição Independente. As catro mesas redondas terán lugar na Biblioteca Ánxel Casal entre os días 14 e 17 de marzo, ás 19 horas.

II Jornadas Galego Portuguesas de Edição Independente

Estaleiro Editora e Corsárias organizan por segundo ano consecutivo as Jornadas de Edição Independente. As catro mesas redondas terán lugar na Biblioteca Ánxel Casal entre os días 14 e 17 de marzo, ás 19 horas.

Verbas pola igualdade

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza con motivo do Día Internacional das Mulleres a gala "Verbas pola igualdade".

I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós"

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, dentro das actividades do Día Internacional das Mulleres, organiza as I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós. unha análise dos cambios impulsados polas mulleres galegas desde os tempos de Rosalía".

II Jornadas Galego Portuguesas de Edição Independente

Estaleiro Editora e Corsárias organizan por segundo ano consecutivo as Jornadas de Edição Independente. As catro mesas redondas terán lugar na Biblioteca Ánxel Casal entre os días 14 e 17 de marzo, ás 19 horas.

I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós"

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, dentro das actividades do Día Internacional das Mulleres, organiza as I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós. unha análise dos cambios impulsados polas mulleres galegas desde os tempos de Rosalía".

Merendacea. Poesía para devorar

Un proxecto organizado polos creadores dos recitais-combate "A hostia en verso" e producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo

Recital poético-musical copyleft 'Festaleiro Corsário Vadio'

Poderase asistir libremente e ler textos propios e alleos

Sesión de vídeo-poesía a cargo de Elvira Ribeiro

Acto final do ciclo interdisciplinar “Vozes em feminino, palavra plural”

Vento Lois

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza unha manifestación poético festiva, amenizada con música, desde a Praza de María Pita até o o teatro Rosalía de Castro, e un recitado aberto de poemas en homenaxe a Lois Pereiro.    

Recital de celebración do Día Mundial da Poesía

Baixo o lema "Unha ollada de luz no vento Lois Pereiro", o Centro PEN Galicia e o Consello da Cultura Galega organizan un recital para celebrar o Día Mundial da Poesía 2011. Intervirán Marilar Aleixandre, Luísa Castro, Olalla Cociña, Salvador García-Bodaño, Luís González Tosar e Manuel Rivas.

Emma Couceiro e Luis Muñoz no ciclo Poetas Di(n)versos

Con motivo do Día Internacional da Poesía a Concellaría de Cultura da Coruña celebra un novo encontro do ciclo "Poetas Di(n)versos", dirixido por Yolanda Castaño.

Seminario a cargo de Laura Scarano

A profesora Laura Scarano, da Universidad Nacional de Mar del Plata, impartirá o seminario "Intimidad y sujeto público en la escritura poética".

Presentación de Aneis, de Branca Novoneyra

Aneis é unha curta sobre os amuletos da memoria, na que a intertextualidade entre a danza e a poesía guía a creación escénica.

Estrea d'A illa das mulleres loucas en Lugo

A compañía Inversa Teatro leva a escena a obra de Alfonso Pexegueiro, dirixida por Vanesa Sotelo. Colaboran os músicos Anxo Pintos e Quico Comesaña, do grupo Berrogüetto.

Á luz das palabras, encontro entre Méndez Ferrín e Juan José Moralejo

Encontro intelectual entre Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e presidente da Real Academia Galega, e Juan José Moralejo, catedrático de grego na Universidade de Santiago. O acto está organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro.

Presentación de Antítese nativa, de Manuel L. Rodrigues

Ademais do autor, estará presente Ramón Blanco Fernández en representación da editorial Acha Escrava.

Presentación de as desfeitas do día

Presentación do poemario de Pedro P. Riobó e recital audiovisual

Ser escritora e africana, conferencia de Ana Paula Tavares

Conferencia da poeta angolana Ana Paula Tavares no marco do IV Encontro Cidade da Coruña "Ser Escritor, Ser Escritora". Os actos están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e contan co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega.

Presentación de Noites, amenceres... e algo máis, de Asun Estévez

"Noites, amenceres... e algo máis" é o segundo poemario de Asun Estévez, publicado por Ir Indo. No acto intervirán Xesús Alonso Montero e Bieito Ledo. Acompañarán o recital da autora as guitarras de Estela Martínez e Alejandro Lorenzo.

I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós"

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, dentro das actividades do Día Internacional das Mulleres, organiza as I Xornadas "De Rosalía de Castro a nós. unha análise dos cambios impulsados polas mulleres galegas desde os tempos de Rosalía".

Simposio en Cork: Invisible Borders: Rethinking Translation and Minority

Simposio destinado a pensar sobre a tradución literaria en contextos minoritarios

Tributo a Lois Pereiro na NASA

Poesía e Rockandroll

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org