Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Axenda > Evento
Concerto do grupo infantil Mamá Cabra
Día: 04/01/2012
Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)
Mamá Cabra presenta o seu novo traballo, "Xa me tardan estes Magos", disco que xorde coa intención de renovar as panxoliñas.

O concerto terá lugar no Fórum Metropolitano (Rúa do Río Monelos, 1), da Coruña. Haberá dúas sesións, unha ás 17h e outra ás 19h.

 
 
« Xullo - 2011 »
L Ma M X V SD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16 17
18
19
20
21
22
23 24
25
26 27 28 29
30
31

Recital poético na inauguración da exposición sobre Alexandre Bóveda

Como parte da inauguración da exposición "Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso (1903-1936)" haberá un recital poético a cargo de Carme Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Marica Campo e Isidro Novo.

Merendacea dous. Poesía para devorar

Segunda edición da Merendacea, definida como un espectáculo de variedades poéticas creado colectivamente por unha serie de artistas que procuran explorar novos camiños para a lírica.

Presentación de Tamén navegar

Presentación de "Tamén navegar", antoloxía de poesía galega dedicada á carpintería de ribeira e ás embarcacións tradicionais. Haberá un recital poético no que intervirán Marta Dacosta, Miro Villar, Ramón Caride, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Henrique Rivadulla Corcón, Carlos Arias e Cesáreo Sánchez.

150 Aniversario dos Xogos Florais da Coruña de 1861

Acto organizado pola Real Academia Galega no que Xosé Luís Méndez Ferrín será o encargado de pronunciar o discurso de homenaxe aos Xogos Florais.  

Presentación do libro Antítese nativa

A editorial noiesa Acha Escrava presentará a segunda edición da obra de Manuel L. Rodrigues.

Recital poético A Rebelión da Décima Musa IV

Dentro da programación das Festas do Barrio de San Pedro, terá lugar este recital no que participarán Ana Romaní, Antía Otero, María Rosendo, Lucía Aldao, Alicia Fernández, Dores Tembrás e as Pandereteiras Bouba.

Inauguración en Ourense da exposición No niño novo do vento

A Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia presentan esta exposición conmemorativa de Álvaro Cunqueiro.

Presentación de Breve Antologia Poética de Ernesto Guerra Da Cal

Presentacion da antoloxía poética de Ernesto Guerra Da Cal editada por Carlos Durão, e da páxina web dedicada ao centenario do escritor.

Antonio García Teijeiro asinará exemplares na Feira do Libro de Vigo

Antonio García Teijeiro asinará exemplares dos seus libros "Verbas de sal" e "Recendos de aire sonoro" publicados por Edicións Xerais de Galicia, e do resto das súas obras.

Faladoiro literario con Francisco X. Fernández Naval e Lino J. Pazos

Dentro das xornadas "Muros Mira ao Mar" celebrarase este faladoiro sobre os libros "Tamén navegar" e "Capitán Wood, ¡á abordaxe!" de Lino J. Pazos, publicados na editorial Toxosoutos, e "Derrotas e singraduras do Joaquín Vieta", de Xosé Agrelo.

VI Encontro do Foro Galeusca de Editores

Editores de Cataluña, Euskadi, Valencia e Galicia reúnense esta fin de semana para celebrar a sexta edición deste encontro que nesta ocasión se presenta baixo o subtítulo "Libro e lectura".

Ecos da noite e unha mesa redonda sobre Lois Pereiro na Feira do Libro de Vigo

Dentro da programación da "37 Feira do Libro de Vigo" terá lugar a actuación poético-musical de David Fernández Rivera acompañado do guitarrista Diego Pacheco, e unha mesa redonda sobre Lois Pereiro.

Moita poesía, pouca diversión

Dentro da programación da Mostra de Teatro de Cangas terá lugar o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.

Homenaxe a Xosé María Díaz Castro

No 50 aniversario da publicación de "Nimbos", a III Festa da Palabra homenaxea o poeta Xosé María Díaz Castro.

VI Encontro do Foro Galeusca de Editores

Editores de Cataluña, Euskadi, Valencia e Galicia reúnense esta fin de semana para celebrar a sexta edición deste encontro que nesta ocasión se presenta baixo o subtítulo "Libro e lectura".

VI Encontro do Foro Galeusca de Editores

Editores de Cataluña, Euskadi, Valencia e Galicia reúnense esta fin de semana para celebrar a sexta edición deste encontro que nesta ocasión se presenta baixo o subtítulo "Libro e lectura".

Recital poético do grupo Brétema

Dentro do programa da "37 Feira do Libro de Vigo" celebrarase un recital poético do grupo Brétema.

Recital poético Homenaxe á Torre de Hércules

Participarán Miguel Anxo Fernán-Vello, Francisco Fernández Naval, Xulio López Valcárcel, Miguel Mato, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Luz Pozo, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Diana Varela e Eva Veiga.

Presentación do proxecto editorial Lonxa das Letras

A Rede Galega de Kioskos presenta o proxecto editorial "Lonxa de Letras". Participan tamén as editoriais Xerais e Galaxia.

Camiños de amor e lúa

Dentro do programa "Atardecer no Gaiás" prográmase este espectáculo de poesía musicada a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Xosé Manuel Salgado.

VI Mesa das verbas

Sexta edición da "Mesa das verbas" organizada polo Liceo Casino de Vilagarcía que nesta ocasión contará coa participación da pianista María Torres Sánchez e Enrique Brumbéck como recitador.

A Hostia en verso VI: Capuletos vs Montescos

Os Poetas da Hostia organizan a sexta edición de "A Hostia en verso", definida como "un combate entre poetas onde o público decide o equipo gañador".

Presentación de Luces de soños

Presentación do libro de Emilio García Potosín publicado por Sial Ediciones. Ademais do autor participarán Olga Patiño, Cristina Gufé e Basilio Rodríguez Cañada.

Presentación de Antítese nativa, de Manuel L. Rodrigues

Presentación do poemario de Manuel L. Rodrígues publicado en Acha Escrava. No acto, no que participan acompañando o autor Ramón Blanco e Manolo do Río, terá lugar un pequeno recital de poemas e a sinatura de libros.

Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro

Inauguración da exposición comisariada polo escritor e pintor Antón Patiño que se poderá visitar até o 25 de setembro.

Yolanda Castaño e Isaac Garabatos no ciclo Atardeceres no Gaiás

Yolanda Castaño fusionará os seus versos cos músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, a cantante Mónica de Nut e a danza de Branca Novoneyra nun espectáculo que leva por nome "Tender a man".

Moita poesía, pouca diversión

Espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.

Festigal 2011

Dentro da programación do Festigal, terá lugar a presentación do libro "Todas as mulleres que fun", de Andrea Nunes Brións, e de "Rosalía, estranxeira na súa patria", de Francisco Rodríguez.

Acto conmemorativo do 50º aniversario do pasamento de Aquilino Iglesia Alvariño

Intervirán Luís González Tosar, Luciano Rodríguez, Xurxo Martínez González e Xosé Luís Méndez Ferrín. Haberá, ademais, un recital poético a cargo de Miro Villar, Bieito Iglesias e Salvador García-Bodaño.

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org