Despois de moitos anos sen publicar novos libros de poemas, Pilar Pallarés ofrece en Espiral Maior unha proposta/viaxe da que, en palabras da prologuista Eva Veiga, non se regresa incólume.
O título Leopardo son procede de Ricardo Carvalho Calero: "Un leopardo son que lese a Bíblia". As ilustracións e a capa son de Alfonso Costa.
Velaquí un dos poemas:
"Para que te serve essa cruel boca de fome?"
Esta inercia de ser non é a vida.
Soños de animal manso
que xa non venta o sangue
e zizaguea
nun rasto azul de pole e de insectos.
Até que á noite acordas coa memoria do tobo
e do peso da gacela non teu ventre:
un espasmo de luz incendia o bosque.
« | Decembro - 2011 | » | ||||
L | Ma | M | X | V | S | D |
---|---|---|---|---|---|---|
01 |
02 |
03 |
04 |
|||
05 | 06 | 07 |
08 |
09 |
10 | 11 |
12 |
13 | 14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 | 20 |
21 | 22 |
23 | 24 | 25 |
26 | 27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org