Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Axenda > Evento
Presentación de Xa me tardan estes Magos
Día: 19/11/2011
Lugar: Casa do Libro (Vigo)
O grupo Mamá Cabra presenta este novo libro-disco de tema navideño que conta coa participación de varios poetas galegos.

Despois do éxito de Ola, ola, la!, o grupo Mamá Cabra, liderado pola vocalista Gloria M. Roel, lanza este segundo libro-disco de temática navideña que pretende que os nenos agarden con máis ilusión a chegada dos Reis Magos.  

Xa me tardan estes magos conta coa participación dos poetas galegos Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel. A autora das ilustracións é Krsitina Sabaite.

O acto de presentación, no que interpretarán algún dos seus temas, terá lugar na Casa do Libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo, ás 18 h.

 
 
« Xaneiro - 2012 »
L Ma M X V SD
  01
02
03
04
05 06 07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 

Presentación d'O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo, de José Luis Calvo

Intervirán, ademais do autor, Carlos Gegúndez e Isidro Novo.

Concerto A fermosa muiñeira, con poemas de Wilhelm Müller

Dentro do ciclo Todo Lírica, concerto a cargo de Gabriel Bermúdez (barítono), Quico Cadaval (actor) e Rubén Fernández Aguirre (piano). A peza, de Franz Schubert, está composta a partir de poemas do alemán Wilhelm Müller.

Presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel

No acto intervirán, ademais do autor, Luís Alonso Girgado, Asunción Canal e Xosé Luna.

Concerto do grupo infantil Mamá Cabra

Mamá Cabra presenta o seu novo traballo, "Xa me tardan estes Magos", disco que xorde coa intención de renovar as panxoliñas.

Cen anos, cen poemas

Comezan as celebracións do centenario de Celso Emilio Ferreiro coa exposición de cen poemas do autor nos escaparates doutros tantos estabelecementos de Celanova.

VII Edición do Festival Implícate!

A "noite de música e palabra solidaria", presentada por Yolanda Castaño e Luís Tosar, contará coa participación de Eva Veiga, Estevo Creus+Traspediante e Carlos Santiago, entre outras figuras da literatura, a música, a danza e o teatro galegos.

Presentación de Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra

Segunda edición do poemario publicado pola Deputación de Lugo

Picaversos Soños

O primeiro Picaversos do ano contará coa participación de Ildefonso Rodríguez, Cova Villegas e Bernardo Martínez.

Elías Knörr: O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido

Recital de Elías Knörr (alter ego de Elías Portela) e presentación desta obra baseada na innovación da imaxe lírica e publicada por Edicións Barbantesa.

Novo número da revista Arrainos, centrado en Celso Emilio Ferreiro

Presentación do número 9 da revista Arraianos, publicada por Alvarellos, baixo o lema "Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos".

"Cosmovisión, proxecto literario e obra de Álvaro Cunqueiro"

Conferencia de César Cunqueiro sobre a obra do seu pai, moderada por Xavier Castro Rodríguez.

Xosé Luis Franco Grande, Fillo Predilecto de Tomiño

Mediante este acto, o Concello de Tomiño fai oficial o nomeamento do escritor Xosé Luis Franco Grande como fillo predilecto do municipio.

Círculo Poético Aberto

Primeira edición do ano 2012 do Círculo Poético Aberto organizado polo colectivo de acción poética Penúltimo Acto.

Poetas da Hostia: Aliens Vs Predators

Novo combate poético a cargo dos poetas da Hostia en Verso.

"Celso Emilio Ferreiro: unha revisión no centenario do nacemento"

O Ateneo de Santiago organiza esta conferencia a cargo de Ramón Nicolás (patrono da Fundación Celso Emilio Ferreiro).

Presentación de Na véspera do silencio, de Soledad Pite

A autora estará acompañada por Luís Cochón e Luís Alonso Girgado.

O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Knörr

Recital-presentación do poemario de Elías Knörr publicado por Edicións Barbantesa.

Presentación de Crac, de Gonzalo Hermo

Gonzalo Hermo presenta o seu primeiro libro de poemas publicado por Edicións Barbantesa

Presentación de Bretemada, de Gonzalo López Abente

Presentación do poemario inédito de Gonzalo López Abente publicado por Alvarellos Editora.

XI Mesa das Verbas

Décimo primeira edición deste encontro poético organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía.

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Acto de homenaxe organizado pola vila de Sada e presentado pola xornalista Mónica Martínez Lema.

Presentación da antoloxía dezaoito

Presentación do libro dezaoito (dezaoito voces nunha antoloxía galego-portuguesa) organizada polo Círculo Poético Aberto.

Picaversos Loucura

A actriz Pilar Pereira, a compañía de monicreques Fantoches Baj (co espectáculo Acrobacia Acuática baseado en textos de Chus Pato) e a poeta Xiana Arias protagonizarán o segundo Picaversos do ano

XIII Conferencia Anual Plácido Castro

Conferencia a cargo de Miguel A. Martínez Quintanar, que leva por título "Saudade e Galeguismo: A visión de Plácido Castro".

Presentación do nº192 da revista Grial

Presentación do novo número da revista dedicado a Álvaro Cunqueiro.

Presentación de Celso Emilio fai 100 anos

Presentación do monográfico publicado pola Asociación Arraianos, que recolle material inédito do poeta, un CD dos "Labregos no tempo dos Sputniks" e a colaboración de diveros autores/as.

Presentación de Amantes, de María Lado

Presentación da obra gañadora da pasada edición do concurso de poesía erótica "Illas Sisargas", convocado pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica.

Presentación de Crac, de Gonzalo Hermo

Presentación do poemario de Gonzalo Hermo publicado por Barbantesa.

Festival de apoio aos servizos públicos de Ames

Haberá contacontos, música, comunicados e poesía, coa intervención, entre outros, de Carlos Negro e Celso Sanmartín

Recital poético-musical de Versus

Actuación de Versus, Antón Borrazás e Miguel Queipo, coa participación dalgúns poetas, coma Óscar de Souto, que presentará poemas do libro Laios d'alma

Presentación de Despois de ti, a chuvia

Concerto-presentación do libro de Xosé Carlos Caneiro publicado por Galaxia.

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org