Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Axenda > Evento
María Lado e Mig Seoane no ciclo Atardeceres no Gaiás
Día: 19/08/2011
Lugar: Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Nove en pedazos é o título deste recital baseado no libro Nove de María Lado e con música de Mig Seoane

A actuación terá lugar o venres 19 de agosto a partir das 21 h. na Cidade da Cultura (Monte Gaiás, Santiago de Compostela).

 
 
« Xuño - 2011 »
L Ma M X V SD
 
01
02
03
04 05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Presentación d'O libro dos cans e d'As Nosas Sombras no Xardín de Serralves

Dentro do programa de actividades da XXVII Feira do Libro de Ourense, Estevo Creus e Xoán Abeleira presentan cadanseu libro de poemas, publicados por Franouren Edicións. Intervirán, xunto cos autores, Xosé Manuel Vélez Latorre, Xosé Manuel Bouzo e Manuel Ángel García Fernández.

Presentación d'A palabra exacta

Presentación da biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo. No acto intervirán Celestino Poza e o propio autor.

Presentación d'Elos

Elos é un libro composto por fotografías de Paula Gómez del Valle e poemas de Txiki Calvo, François Davo e Rodrigo Varela, con prólogo de Tati Mancebo.

Faladoiro "O popular na obra de Álvaro Cunqueiro"

Acto organizado polo Consello da Cultura Galega con motivo do Ano Cunqueiro. Participan Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo.

Presentación d'As portas ausentes

O pintor baionés Caino Vasconcellos presenta o seu libro de poemas, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto intervirán, ademais do autor, Carlos Méixome e Anxo Ratel.

Obradoiro "Hip-Hop / Poema Pop"

Obradoiro gratuíto dirixido por Juan Carlos Vázquez Otero, profesor do Conservatorio de Grao Profesional de Melide. Contará coa participación de MC Jumen (do grupo LHV).

Presentación do libro-cd Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro

Zouma Records edita este libro-cd no que Alexandro González lle pon música a oito poemas de Lois Pereiro que son recitados por oito persoas do mundo da cultura galega.

"Rosalía de Castro entre a modernidade e a antimodernidade - elementos para unha nova política de tempo"

María do Cebreiro será a encargada de dar esta charla dentro do ciclo "Escrita(s). Cirunvolucións".

Presentación do número 189 da revista Grial: "Valar o común?"

Participarán Víctor F. Freixanes (codirector da revista), Carlos Fernández (coordinador deste número) e Carlos Amoedo (profesor de Dereito Administrativo na UDC e colaborador).

Presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Presentación do libro de Xoán Carlos Domínguez Alberte publicado na colección Libros da Frouma de Follas Novas Edicións.

Presentación de Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, de María do Cebreiro

Presentación do último ensaio de María do Cebreiro. A autora estará acompañada por Carlos Lema, Ana Salgado e Isaac Lourido.

Presentación d'As desfeitas do día, de Pedro P. Riobó

Ademais do autor intervirán Sara Riobó, Nuria Pahino, Diana Sieira e José León.

Concerto de Amancio Prada: Camelias para Cunqueiro

O Agadic e o Consello da Cultura organizan este concerto dentro da programación "2011, Ano Cunqueiro" promovido pola Xunta de Galicia no centenario do nacemento do escritor.

Roteiro Fiz Vergara Vilariño

Nova edición do roteiro literario-artístico de Fiz Vergara Vilariño, organizado pola asociación cultural Ergueitos.

Presentación do caderno/revista do Círculo Poético Aberto

Presentación da publicación conmemorativa do Círculo Poético Aberto, seguida dunha nova edición do Círculo.

Moita poesía, pouca diversión

Este espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado inscríbese dentro do Ciclo Artes no Mercado de Abastos de Marín que organiza a Central Folque,

Documental sobre a vida e a obra de Lois Pereiro

A Asociación Cultural O Castro organiza a proxección deste documental sobre a vida e a obra de Lois Pereiro.

Presentación d'As desfeitas do día, de Pedro P. Riobó

Presentación do poemario de Pedro P. Riobó publicado en Edicións Morgante e que incorpora un recital audiovisual. Contará coa presenza de Tareixa Campo e Antón Sampaio, integrantes de Achádego Teatro.

Rosa Cedrón e Cristina Pato presentan Muller

Presentación do primeiro traballo discográfico conxunto de Rosa Cedrón e Cristina Pato ("Soas") que leva por título "Muller".

Presentación de Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira

Presentación do libro de Mario Regueira publicado en 2.0 Editora. O autor estará acompañado por Txiki Calvo.

Faladoiro sobre a obra poética de Cunqueiro

Protagonizarán o debate Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Manuel Forcadela e Teresa López

Recital organizado por Tinta de Lura

Participarán Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes Brións, María Rosendo e Calros Solla.

Leccións de cousas, de Antón Reixa

A mostra inclué, por unha banda, unha escolma das intervencións audiovisuais de Antón Reixa dos últimos trinta anos e, por outra, amosa oito obras inéditas.

Oriana Méndez presenta o seu poemario cero

A autora estará acompañada por Carlos Lema, Chus Pato e Gonzalo Hermo.

Recital poético Expulsadas do parnaso

Participan Andrea Nunes Brións e Raquel Rei (As Candongas do Quirombo), Estíbaliz Espinosa, Olalla Cociña, Ania González, Emma Pedreira, Ledicia Costas Álvarez, Dores Tembrás, Teófila Noemí Gómez.

Encontro Fotográfico-Literario a través do libro Areaquente

Sotelo Blanco Edicións organiza este Encontro Fotográfico-Literario a través do libro Areaquente, de An Alfaya, e as fotografías de Olga Seoane Paulus.

Lectura de poemas na Inauguración do monumento homenaxe ás persoas asasinadas polo franquismo nas fosas de Aranga

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica organiza este acto que conta coa participación de Manuel Rivas e Claudio Rodríguez Fer.

Homenaxe a Antón Santamarina Delgado

Acto que conmemora o cincuentenario da publicación de Pra unha terra apremida

Presentación do suplemento Chorima atlántica. Pétalos culturales

A presentación contará coa participación de Isaac Díaz Pardo, Jane Joyd, Manuel González e Amabel González Troncoso.

Presentación d'As crebas, de Miro Villar

Presentación do libro de Miro Villar gañador do XIII Premio de Poesía Concello de Carral. Ademais do autor, intervirán Francisco X. Fernández Naval, Francisco Fernández Rei e Miguel Anxo Fernán Vello.

Presentación de Lois Pereiro. Unha persecución

Presentación do libro de Mario Regueira editado por 2.0 Editora. Tamén se celebrará un recital poético-musical plurilingüe sobre Lois Pereiro aberto á participación espontánea do público.

VIII Encontro Milpedras

Recital conxunto de poesía, música e artes plásticas que ten por obxecto fomentar o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas.  

Recital do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar

Presentación dos "Q de Vian Cadernos" que promove o colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. Ademais do recital, contarase coa participación do cantautor Miguel Alonso.

II Festival da Cultura Proletaria

Entre outras actividades, terá lugar un recital ás 18 horas coa participación de Xiana Arias, Chus Pato, Xabier Cordal e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Moita poesía, pouca diversión

Dentro da programación dos "Vasos comunicantes" do festival "Vigo Transforma" terá lugar o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.

Concerto de Fuso Negro

"Fuso Negro" é un proxecto formado polo poeta Xoán Abeleira e os músicos Julio Cuns, Karlos Barral, Kale Thunström, Bruno Couceiro e Tono Galán.

Presentación d'A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val

Presentación do libro de poemas de Marga do Val publicado en Espiral Maior e recente gañador do "Premio da Crítica de Poesía en lingua galega".

Mesa redonda "Lembrando a don Paco del Riego"

A mesa redonda contará coa participación de Francisco Domínguez, Camiño Noia e Anxo Tarrío e estará moderada por Arturo Lezcano Fernández.

Entrega do IX Premio de Poesía Novacaixagalicia

Emma Pedreira foi a gañadora desta edición do Premio de Poesía Novacaixagalicia pola súa obra "Antítese da ruína". O acto de entrega rematará co recital da autora premiada.

Cita a dous: Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa

Encontro de dous creadores chegados de disciplinas artísticas diferentes coordinado por Antía Otero. Nesta edición contará coa participación de Manu Clavijo (música) e Estíbaliz Espinosa (poesía).  

Presentación do número 26 da revista O pazo das musas

Presentación do novo número da revista oral trimestral editada polo Museo Provincial de Lugo, dedicado a conmemorar o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro.

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org