Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Axenda > Evento
A Hostia en verso VI: Capuletos vs Montescos
Día: 15/07/2011
Lugar: Pub Alma (Vigo)
Os Poetas da Hostia organizan a sexta edición de "A Hostia en verso", definida como "un combate entre poetas onde o público decide o equipo gañador".

O combate, enmarcado dentro do V Curso de verán de Lingua e Cultura galega para estranxeiros da Universidade de Vigo, estará dirixido por Lucía Aldao e María Lado, coa actuación musical de Mig Seoane.

"Os poetas que se baterán en defensa do nome de Capuletos e Montescos serán Elvira Riveiro, Isaac Xubín, Ledicia Costas, Xabier Xil Xardón, Daniel Landesa e Daniel Costas Currás. O público, ou sexa, vós, escolleredes o final cos vosos votos, sen importarvos un carallo o que o xenio inglés deixase escrito."

O encontro terá lugar ás 22 h no Pub Alma (Pobladores, 9) de Vigo.

 
 
« Setembro - 2012 »
L Ma M X V SD
 
01
02
03 04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17 18 19
20
21
22
23
24 25
26
27
28
29 30

XXVI Festival da Poesia no Condado

Intervirán Daniel Salgado, Xiana Arias, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Aríns, Gonzalo Hermo, Silvia Penas e Claudio Rodríguez Fer.

Medre o mar! Homenaxe a Bernardino Graña

Homenaxe organizada pola AELG e o colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. Haberá recitais, contacontos, música, unha exposición e unha travesía marítima.

O Figurante Edicións, un novo selo para a poesía

O Figurante Edicións é un proxecto de Alberte Momán e inicia a súa actividade coa publicación do libro Planh de Anne-Marie Cazalis en edición tetralingüe (francés, galego, inglés e castelán). Momán recoñece na web do Figurante unha conexión co proxecto A Porta Verde do Sétimo Andar.

Samuel L. París presenta unha escolma de poemas musicados

Samuel L. París publicou o pasado mes de maio o libro Inflamable en Edicións Positivas. O día 6 de setembro aparecerá unha pequena compilación de textos do libro musicados e recitados que poderán descargarse gratuitamente desde o BandCamp do autor.

Homenaxe a Manuel María: Memoria da Chaira enteira

Celebración do cabodano de Manuel María organizado pola Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos.

Moçambique, umha cultura e literatura para descobrir

Conferencia de Adelino Timóteo dentro do ciclo "A lusofonia e Nós", organizado pola Asociación Cultural O Facho.

O libro das pontes invisibles, de Xelís de Toro

Inauguración da exposición O libro das pontes invisibles na que 14 artistas internacionais traballan sobre textos de Xelís de Toro.

Lúas de outono: homenaxe a Manuel María

Estrea do audiovisual Danza do poema emocionado producido por Pixel Films e do CD de Uxía Senlle Andando a Terra. Uxía canta a Manuel María.    

Presentación de Letras de Amor e Guerra

Presentación do libro de poemas de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado por A porta verde do sétimo andar. O acto está organizado pola Asociación Cultural Eira Vella.  

Romagem Literária da rede Pega no livro

Primeiro encontro da rede de clubes de lectura Pega no livro. Presentarase o libro Doenças dum espelho, de Laura Branco, publicado por Corsárias.

Derradeira Noite poético-subversiva en Ribadavia

A asociación "Por un Ribeiro Poético" organiza esta serie de recitais abertos de poesía social e contestataria en galego ou portugués.

VII Ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade

Mesa redonda de poesía, coas escritoras María Lado e Olga Novo. O ciclo, baixo o lema de Por que(n) escribir / Para que(n) escribir, está organizado pola AELG.

Presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Trátase dun libro que homenaxea o autor de celanova no seu centenario (1912-2012)

Presentación da colección DiVersos de Edicións Positivas

Intervirán Paula Carballeira, Rosalía Fernández Rial, Samuel L. París, Alfredo Ferreiro, Estevo Creus e o editor Paco Macías. A música correrá a cargo do grupo De Outra Margem.

Erotismo e poder na poesía galega de tradición oral

Conferencia de Olga Novo no marco das Xornadas teórico-prácticas sobre sensualidade e erotismo na arte, coordinadas por Fernando Arribas e Antonio Reigosa.

Presentación de Atlas de Chaguán

Preséntase o poemario de Rosa Enríquez Noya, parte da colección Cadernos Q de Vián d'A Porta Verde do Sétimo Andar, coa participación de Teresa Moure

Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

O libro de Ramón Nicolás preséntase na JT Photogallery de Vigo

Presentación de curriculum oculto de Galiza Cajun

Concerto-presentación do poemario con Arturo L. Regueiro, Luís Cuntín, Cabe García, Óscar Painceiras, Víctor Sánchez, Roberto Grandal e Colás Lage

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org