Inicio > equipo > María do Cebreiro Rábade

María do Cebreiro Rábade

María do Cebreiro Rábade Villar exerce como investigadora e profesora na Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. É autora das monografías As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. Representación poética e ficción lóxica (2004), Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica, As terceiras mulleres (2005) e Manual de teoría de la literatura (2006), en coautoría con Fernando Cabo Aseguinolaza. Ten publicado os libros de poemas O estadio do espello (1998); (nós, as inadaptadas) (2001), Non queres que o poema te coñeza (2004), O barrio das chinesas (2005), Os Hemisferios (2006); Objetos perdidos (2007), Cuarto de outono (2008) e Non son de aquí (2009), este último traducido ao inglés (I am not from here, Shearsman Books, 2010).

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org