Inicio > equipo > Lorena Domínguez

Lorena Domínguez

Lorena Domínguez Mallo licenciouse en Filoloxía Galega en 2006 e nese mesmo ano comezou os seus estudos de doutoramento na Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2007 obtivo unha bolsa do programa de Formación de Profesorado Universitario do Ministerio de Ciencia e Innovación. Impartiu docencia de Teoría e Crítica Literarias na Facultade de Filoloxía da USC e participa en varios proxectos de investigación con financiación autonómica e do Goberno central. É reseñista de ProTexta e Lg3. Na actualidade é investigadora contratada no Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades e está a preparar a tese de doutoramento sobre a construción do discurso historiográfico da literatura galega.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org