Inicio > equipo
O logotipo do GAAP é obra de X. Carlos Hidalgo.

Equipo

O Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) formalizou a súa constitución no mes de xaneiro de 2009 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas actividades como núcleo efectivo de colaboración nos estudos sobre materia poética poden situarse nos proxectos e desenvolvementos teórico-críticos do grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da mesma Universidade, favorecidos pola incorporación de novos investigadores/as que traballan sobre poética e poesía contemporáneas. O GAAP fixouse como obxectivo a dinamización da investigación sobre materia poética e sobre os propios procedementos de análise metodolóxica e de selección e concreción heurística cando se fala de poesía, tarefa entendida non só en sentido académico senón tamén na súa dimensión participativa ou de intervención no campo literario-cultural.

Na actualidade constitúen o grupo Arturo Casas como coordinador, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montserrat Pena e Iria Sobrino. Formaron tamén parte do GAAP Iris Cochón, Lorena Domínguez e María do Cebreiro Rábade.

No proxecto poesiagalega.org colaboraron ademais outros seis investigadores/as non adscritos ao GAAP: Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar e José Luís Forneiro. Ao equipo sumouse como contratada Laura Mariño, filóloga experta en edición dixital. Durante o primeiro semestre de 2013 Alba Cid Fernández, bolseira predoutoral na USC, colaborou en tarefas de actualización.

[16/03/2015]

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org