Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O autor estabelece un paralelo entre experiencia vital e escritura poética. Nesa analoxía observa que partiu dunha esencialidade conceptual intimista con Ao pé de cada hora (1967), que en Tempo en Compostela (1978) se orientaría como reflexión evocadora e que en "Poemas de amor a Xulia" (1993) supuxo unha redescuberta da sentimentalidade erótica. García-Bodaño recoñece na praxe poética unha aventura vivencial de inmersión nas formas e nos ritmos do pensamento máxico, a través da cal a creación devén sempre aproximación imprevisíbel ao eu oculto e, en consecuencia, algo próximo a unha revelación sincrética. Así, o poema constituiría unha forma propicia ao autodesvelamento existencial e ao inapreixábel hermenéutico que flúe no verso amosando só unha parte do seu sentido. A autopoética antecede a unha serie poética novedosa na traxectoria estética que se autodescribe. O titulo desta serie é "Pegadas no alcatrán". O poeta déraa ao prelo un ano antes, en 1994, en forma de plaquette editada polo barcelonés Café Central. Desprega un canto irónico á banalidade prosaica do cotián urbano e doméstico. Trátase de textos de diversificada feitura formal, boa parte deles con introdución de opcións rítmicas, léxicas, discursivas e intertextuais rupturistas en relación coa tradición xeracional de procedencia e cos propios usos poéticos do autor. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org