Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Álvarez Cáccamo, Xosé María (1992)
"Poética para inéditos dispersos"
Boletín Galego de Literatura: 7, pp. 155-158.

O autor presenta unha breve selección de textos que non tiveron encaixe inicial en libros ou series publicadas anteriormente e aproveita a ocasión para reflexionar sobre o modo no que eses textos comparten unha traxectoria e son documentos malia todo vivos como segmentos dun proceso vital, textual e discursivo. Destaca nese marco unha consideración sobre o feito de os textos dispersos seren as veces anuncios imprevistos de proxectos aínda non racionalizados, ou tamén abrochan como emocións irreprimíbeis nun momento en que o poeta traballa noutro asunto. Destas observacións colíxese, por outra banda, a comprensión por Álvarez Cáccamo da poesía como dedicación planificada a un texto-conxunto (un libro, por exemplo) que nalgunha medida esixe toda a concentración e todo o esforzo creador. Igualmente, é notábel a indicación de que "a poesía está feita de anacos de pel e medidas de sangue". Na serie de textos así anunciados aparecen poemas de diversa orientación. Algúns en prosa, que preludian libros dos anos 90, noutros casos poemas moi breves (raras veces empregados como opción textual por Cáccamo) e aproximacións caligramáticas xunto con textos nos que referentes habituais da poética do autor, como a casa, a praia e o núcleo familiar, constitúen motivos de reflexión sobre o paso do tempo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org